Os persoal de Losán demandan o mantemento do emprego e cobrar os salarios que se lles debe

Fecha: 06 Feb 2026

Imaxe da concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña. Lema da pancarta: "Queremos traballar e cobrar. Non mendigar"

Traballadores e traballadoras de Industrias Losán concentráronse este xoves ante a Delegación do Goberno na Coruña en demanda dun plan industrial que garanta a continuidade do emprego e da actividade produtiva.

Tamén reclaman a cobranza inmediata dos seus salarios, xa que se lles deben as nóminas de novembro,
decembro, xaneiro e a paga de Nadal.

Esta incerteza, sumada ás dificultades económicas que acompañan ás familias afectadas, está a xerar unha situación insostible.

Dentro do calendario de mobilizacións acordado entre os distintos comités, este xoves realizáronse accións de protesta simultáneas en varios puntos da xeografía nacional, onde esta empresa ten presenza.

O persoal demanda a implicación das administracións a instar á empresa a que presente un plan industrial que garanta a carga de traballo e que asegure o mantemento do emprego, uns 200 postos en Galicia e máis de 800 en todo o Estado.