Os datos de accidentes de traballo non melloran
É necesario actualizar a lei de prevención de riscos laborais
Fecha: 21 Abr 2025

Nos dous primeiros meses de 2025 producíronse na nosa provincia 2095 accidentes laborais con baixa (1872 durante a xornada e 223 in itínere), dos que 2 resultaron mortais, esto supón a seguinte evolucións nos datos:
- Accidentes laborais con baixa: incremento do 3%.
- Accidentes durante a xornada: incremento do 2,4%.
- Accidentes in itínere: incremento do 8,2% - Accidentes mortais: descenso dun 33%.
Estas cifras non son asumibles na nosa sociedade, sendo o noso obxetivo cero accidentes, e por suposto cero mortes no traballo.
A nivel estatal os infartos e os derrames cerebráis seguen sendo a primeira causa de morte (38 casos), seguido por mortes en accidente de tráfico (13 casos), e as caídas (12 casos).
Desde UGT tomamos esos datos con prudencia xa que o período de análise é curto e as variacións poden ser pouco representativas, polo que farase un seguimento de cerca a súa evolución.
No marco da celebración do Día Mundial para a Seguridade e Saude no Traballo, o vindeiro 28 de abril, a Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores reivindica que se tomen medidas para acabar coa siniestralidade laboral de forma urxente.
Neste ámbito o Sindicato considera necesario reformar a normativa en materia de prevención de riscos laboráis na Mesa de Diálogo Social e adaptala as novas realidades do mundo do traballo, que depende moito das transicións demográfica, climática e dixital.
Necesidade de reforzo na protección da saude mental
Dende fai tempo, a primeira csusa de de morte en accidente durante a xornada de traballo son os infartos e derrames cerebráis, estas patoloxías poderían relacionarse coa exposición a riscos psicosociais, como o estrés crónico, polo que desde UGT entendemos que a norma debe reforzar a protección da saúde mental das persoas traballadoras.
Ademáis, seguimos insistindo en que é prioritario incluir na LeI a creación dunha figura estatal similar a do Delegado/a Territorial de PRL, xa que é una certeza que os centros de traballos sindicalizados son máis seguros. Esta figura reforzaría a PRL nas PEMES do noso país que non teñen representación sindical.
Por último, UGT reclama que se recoñeza o crédito horario para os delegados e delegadas de prevención