O noso lugar

Contitución Área Muller UGT Galicia

No día de onte UGT-Galicia constituíu Área de Muller, a finalidade desta área é traballar para a consecución da igualdade entre mulleres e homes. Ao fronte da mesma estará  Paula Alves da Silva e o resto da Executiva estará formada por Ana Carricoba, Mónica Suárez, Rocío Huelga, Isabel Pérez e Paula Alonso. Será un lugar de encontro no que debater, analizar, crear liñas de traballo e facer achegas en todo o relativo á situación da muller no eido laboral e social.

Este acto de constitución reuniu a mulleres e homes procedentes de toda Galicia que tamén participaron nunha formación sobre os novos permisos do Real Decreto - Lei 5/2023. Dita formación foi impartida por Cristina Antoñanzas, Vicesecretaria Xeral de UGT. A formación enriqueceu o coñecemento sobre ditos permisos e ofreceu resposta ás diferentes problemáticas xurdidas no eido laboral con relación a ditos permisos.

A partir de agora, a Área de Muller en Galicia ten por diante varias liñas de traballo e retos que acometer, brecha salarial, precaridade laboral, desigualdade nos cuidados, a violencia machista, o acoso sexual e por razón de sexo, ...