Non vemos indicadores de mellora
É intolerable que una persoa acuda a traballar con normalidade e non volte a súa casa
Fecha: 18 Nov 2025
Unha vez publicados os datos de siniestralidade xaneiro-setembro, desde UGT facemos a comparativa co mesmo período no ano anterior:
Accidentes en xornada (xaneiro - setembro)
| Total | Leves | Graves | Mortais | |
|---|---|---|---|---|
| 2025 | 8.836 | 8.714 | 106 | 16 |
| 2024 | 8.742 | 8.606 | 121 | 15 |
Accidentes in itínere (xaneiro - setembro)
| Total | Leves | Graves | Mortais | |
|---|---|---|---|---|
| 2025 | 924 | 902 | 17 | 5 |
| 2024 | 1.107 | 1.000 | 16 | 1 |
Accidentes totais (xaneiro - setembro)
| Total | Leves | Graves | Mortais | |
|---|---|---|---|---|
| 2025 | 9.760 | 9.616 | 123 | 21 |
| 2024 | 9.759 | 9.606 | 137 | 16 |
Variación 2024-2025 (% xaneiro - setembro)
| Total | Leves | Graves | Mortais |
|---|---|---|---|
| 0,01 | 0,10 | -10,22 | 31,25 |
Pese a pequena mellora nos datos en canto a accidentes graves, non cesan de empeorar os datos de accidentes mortais, ós que non podemos darlles normalidade, é intolerable que una persoa acuda a traballar con normalidade e non volte a súa casa por causa do seu traballo, non podemos permitilo.
Non debe demorarse máis a modificación da Lei de Prevención de Riscos Laborais que se está negociando na Mesa de Diálogo Social. Tras 18 meses, pedimos responsabilidade aos grupos participantes na negociación. A modificación da Lei de prevención de riscos laborais debe ser profunda e abordar tanto os novos retos preventivos traídos da man das transicións demográfica, climática e dixital, como acabar coas mortes, lesións e enfermidades provocadas polo traballo.
Tras 30 anos de vixencia da actual Lei tamén é importante mellorar a protección da saúde mental da clase traballadora xa que moitos dos accidentes por infartos e derrames cerebrais, poderían estar relacionados coa exposición a riscos psicosociais e organizativos.
Desde o Sindicato vimos reiterando a necesidade de acabar coa infradeclaración dos accidentes por golpes de calor e exposición a temperaturas extremas, é a única maneira de coñecer a magnitude do problema e poder protexer a saúde e a vida das persoas traballadoras.
Resulta esencial que as empresas cumpran coa lexislación vixente en materia preventiva. As causas dos accidentes de traballo son recorrentes no tempo, o que deixa entrever que a xestión preventiva nas empresas debe ser mellorada para garantir a protección da seguridade e saúde da clase traballadora.
Por iso, desde UGT reivindicamos a creación dunha figura similar á do Delegado/a Territorial de Prevención de Riscos Laborais a nivel estatal. Esta figura axudaría, sen dúbida, a mellorar a xestión da prevención de riscos laborais naquelas PEMES do noso país que non teñen representación sindical