Preocupante aumento da mortalidade laboral
As persoas traballadoras temos dereito a contornas de traballo seguros e saudables
Fecha: 19 Xuñ 2025

Segundo os datos estatísticos de avance facilitados polo Ministerio de Traballo e Economía Social, correspondentes aos catro primeiros meses de 2025, producíronse 4129 accidentes de traballo con baixa laboral (o que supón un mínimo descenso con respecto ao mesmo período de 2024). Ademais, rexistráronse 8 accidentes mortais, 3 máis respecto a os datos provisionais de abril de 2024, alcanzando unha alarmante subida do 60%.
En canto aos accidentes con baixa, producíronse 3715 accidentes en xornada de traballo e 414 accidentes in itinere. A variación en relación a abril do ano anterior tivo un leve descenso do 0’35% para os accidentes en xornada e mantéñense sen variación os datos para accidentes in itinere.
Por situación profesional dos accidentes con baixa, producíronse 3884 accidentes de asalariados e 245 accidentes de traballadores por conta propia.
A nivel nacional a principal causa de accidente con baixa en xornada son os sobreesforzos físicos sobre o sistema músculo esquelético, seguidos dos golpes contra obxectos inmóbiles.
Aínda que se aprecian descensos nalgunhas das cifras estatísticas de accidentes de traballo, estes datos continúan sendo inasumibles para unha sociedade como a nosa.
É escandaloso que morran 8 persoas traballadoras en 4 meses polo simple feito de tentar gañarse a vida. Queda de manifesto o grave da situación para pesar do descenso experimentado en canto a accidentes con baixa.
UGT consciente desta situación aprobou unha resolución no seu Comité Confederal celebrado os días 10 e 11 de xuño, na que fai un chamamento á renovación da Lei de Prevención de Riscos Laborais: “É urxente unha reforma legal, máis medios para a Inspección de Traballo, e a instauración dos delegados de prevención sectoriais e territoriais”.
A seguridade e saúde da clase traballadora debe protexerse de maneira decidida. As persoas traballadoras temos dereito a contornas de traballo seguros e saudables segundo a Declaración de principios e dereitos fundamentais no traballo da OIT.
Por iso, é necesario actualizar a Lei de Prevención ás novas realidades do mundo do traballo, fortemente influído polas transicións demográfica, climática e dixital. Os traballos na Mesa de Diálogo Social deben impulsarse decididamente buscando garantir a protección da seguridade e saúde das persoas traballadoras.
Igualmente, debe dotarse de maiores recursos á Inspección de Traballo e Seguridade Social para que continúe controlando o cumprimento da normativa en materia preventiva, por exemplo, á hora de desenvolver o Plan Estival de 2025, presentado recentemente.
Desde UGT valoramos positivamente que aumentasen as actuacións inspectoras que levan a cabo durante todo o ano sobre condicións meteorolóxicas adversas dentro da área de seguridade e saúde laboral.