Desde UGT seguimos a esixir unha revisión a fondo da Lei de Prevención de Riscos Laborais que poña fin á sinistralidade laboral.

En 2026, o ano da Seguridade e a Saúde no Traballo, UGT esixe accións que protexan eficazmente as vidas da clase traballadora.

Fecha: 20 Abr 2026

Casco, luvas, lentes, tapons e chaleco colocado nun fondo gris

Segundo as estatísticas publicadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social, durante os dous primeiros meses do ano producíronse 14.001 accidentes de traballo con baixa, dos cales 2 foron mortais. Inda que hai unha leve melloría nos datos de accidentes totais, dado o curto período, non debemos relaxar as nosas reivindicacións. No caso de accidentes mnortais non hai atisbo de melloría.

Accidentes en xornada (xaneiro e febreiro)

 TotalLevesGravesMortais
20251.8721.845252
20261.6951.678152
Diferencia-177-167-100

Accidentes in itinere (xaneiro e febreiro)

 TotalLevesGravesMortais
202522321760
202620820440
Diferencia-15-13-20

Accidentes totais (xaneiro e febreiro)

 TotalLevesGravesMortais
20252.0952.062312
20261.9031.882192
Diferencia-192-180-120

Se analizamos os datos en termos estatais, comprobamos que as principais causas de morte en xornada son os infartos e derrames cerebrais, os accidentes de tráfico e as caídas.

Coa chegada do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, o 28 de abril, a Unión General de Trabajadoras y Trabajadores (UGT) pide solucións urxentes para acabar coa sinistralidade laboral. O sindicato subliña a importante oportunidade de reformar a normativa de prevención de riscos laborais e insta os distintos grupos parlamentarios a actuar con responsabilidade coa sociedade. É fundamental actualizar a Lei de Prevención de Riscos Laborais para reflectir as realidades cambiantes do mundo laboral, que está fortemente influenciado polas transicións demográfica (adaptación a o envellecemento da poboación activa), climática (protección efectiva fronte a riscos térmicos) e dixital (regulación da desconexión dixital e riscos tecnolóxicos). Do mesmo xeito, débese fortalecer a saúde mental da clase traballadora, que actualmente está gravemente comprometida e incorporar a perspectiva de xénero e de idade nas evaluacións de riscos.

UGT agarda que no ano 2026, declarado como o ano da Seguridade e a Saúde no Traballo, se implementen medidas reais e eficaces en beneficio da protección, a seguridade e a vida das persoas traballadoras, cunha profunda reforma da Lei de Prevención de Riscos Laborais.