A brecha salarial entre homes e mulleres persiste

Un ano máis, este 22 de febreiro, Día da igualdade salarial, dende UGT-A Coruña e Cee denunciamos que a brecha salarial entre homes e mulleres persiste.

Aínda que é certo que a brecha salarial entre mulleres e homes descendeu ó nivel máis baixo dende que as Enquisas Anuais de Estrutura Salarial do Instituto Nacional de Estadística rexistran esta diferencia, no 2019, a brecha se sitúa na elevada cifra do 19,50 % (nos salarios medios brutos anuais en España).


As mulleres galegas ocupan o terceiro posto de menor retribución por hora percibida de todo o Estado, e a súa retribución é un 10,1% inferior á dos homes galegos. No Concello de A Coruña, a brecha salarial é do 15,3 % segundo o Instituto Galego de Estatística .

No ano 2019, as mulleres galegas percibiron un salario medio anual inferior nun 19,3% ao dos homes. A diferenza retributiva anual entre homes en mulleres en Galicia nese ano foi de 4.724,57€. As mulleres galegas percibiron no 2019 un salario medio similar ao que percibían os homes galegos no ano 2007/2008, máis de once anos de desigualdade, o que pon de manifesto as grandes diferenzas existentes, así como a lenta revalorización do salario feminino. Todo isto deixando á marxe o que supoñería o traballo non retribuído das mulleres que se desempeña dentro do ámbito familiar coidando menores, persoas dependentes e realizando as tarefas do fogar, no que non entrarían só as mulleres ocupadas.


Algúns dos factores a ter en conta na brecha salarial é o existencia ou non de complementos salariais, xa que o peso que teñen os complementos salariais no caso do salario bruto anual dos homes é moi superior ao das mulleres, o que supón unha brecha do 27,9%. Actuando sobre éstes poderíase reducir en boa medida a desigualdade nos salarios entre homes e mulleres, e máis tendo en conta que moitas veces estes complementos non se basean en cuestións obxectivas nin cuantificables, polo que esconden tras de si discriminacións directas.

Outro factor a ter en conta, é o tipo de contratación. No ano 2019 houbo máis homes con contrato indefinido que mulleres (cuxo salario é superior nun 20,4% ao feminino) e, máis mulleres con contrato de duración determinada (cunha brecha dun 12%). A maior temporalidade diminúe a brecha salarial, pero a contratación indefinida garante uns salarios máis elevados.

A brecha salarial persiste en tódolos tramos de idade, en todos os niveis de estudos, en todas as ramas de actividade económica, nas prestacións por desemprego, e nas pensións (ata o 35,4%).

A subida significativa do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) no 2019 provocou un aumento no salario das mulleres, xa que éstas perciben os salarios máis baixos. Por iso, esperamos que o aumento do SMI a 1000€ no 2022 diminúa a brecha salarial.

Asimismo, esperamos que a reciente Reforma Laboral, que terá unha incidencia directa na contratación temporal repercuta nunha reducción da brecha salarial, xa que as traballadoras con contrato temporal perciben un 20,40 % menos que os salarios medios das traballadoras con contrato indefinido.


Aínda queda moito traballo por facer a través do diálogo social e da negociación colectiva.

► Informe de UGT: "La subida del SMI acorta la brecha salarial entre mujeres y hombres"

► Informe de UGT Galicia: "A subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) acurta a brecha salarial entre mulleres e homes"