20 persoas morreron por accidentes de traballo na Coruña, ata novembro de 2023

Fecha: 16 Xan 2024

Persoa tirada no chan, co corpo nunca acera e os pes na carretera. Simboliza sufrir un accidente laboral

Na provincia da Coruña, un total de 20 persoas traballadoras perderon a súa vida nun accidente de traballo nos once primeiros meses do 2023, 2 menos que no mesmo período do 2022. En termos estatais son 664 , 106 persoas menos que no 2022.

A diferencia do ámbito estatal os datos, actualizados polo Ministerio de Traballo e Economía Social, amosan un aumento do 6,6% dos accidentes con baixa ocorridos durante a xornada laboral, e dun 15% nos accidentes in itinere.

É urxente levar a cabo accións inmediatas para poñer fin a esta situación. Nun país coma o noso non podemos ignorar a lacra da sinistralidade laboral. 

Incrementar os recursos da Inspección de Traballo e da Fiscalía de Saúde Laboral

A lexislación en materia de prevención de riscos laborais nas empresas debe cumprirse rigorosamente para evitar accidentes xa que, en algo máis dun terzo dos accidentes laborais ocorridos durante a xornada que se rexistraron en 2022, non se realizou ningunha avaliación de riscos. Trátase dun asunto grave que indica un incumprimento da normativa, polo que, UGT demanda un incremento dos medios humanos e materiais tanto para a Inspección de Traballo, para controlar o cumprimento da normativa, como para a Fiscalía de Sanidade Laboral, para investigar e aclarar responsabilidades.

O sindicato insta á Consellería de Traballo a abrir con urxencia a Mesa de Diálogo Social sobre prevención de riscos laborais á que se comprometeu na anterior lexislatura. Este compromiso foi anunciado durante a sinatura da Estratexia Española de Seguridade e Saúde Laboral 2023-2027 e non se pode demorar máis. As persoas traballadoras seguen morrendo e resultando feridos polo simple feito de tentar gañarse a vida.

Nesta mesa hai que negociar inmediatamente un Plan de Choque contra Accidentes Laborais. Entre as materias que hai que incluír, non poden faltar os riscos psicosociais, que están relacionados coa primeira causa de morte por accidentes laborais no noso país, que son os infartos e os ictus.

Realizar cambios normativos

Ademais, UGT considera necesario realizar cambios normativos para adaptar a lexislación en materia preventiva ás novas realidades do mundo laboral, así como mellorar a xestión preventiva e poñer fin á comercialización dos servizos de prevención.

Por último, o sindicato segue reclamando a creación dunha figura similar á do Delegado Territorial de Prevención de Riscos Laborais a nivel estatal, xa que é unha realidade que os centros de traballo sindicalizados son centros máis seguros. A creación desta figura axudaría a mellorar a PRL nas pemes do noso país que non teñen representación sindical.