XXI Premio 1º de Maio UGT A Coruña e Cee
Fecha: 30 Abr 2025

Hoxe 30 de abril, a Unión Comarcal de UGT A Coruña e Cee fixo entrega da XXI edición dos seus tradicionais Premios 1º de Maio, cos que ano tras ano distingue a aquelas persoas que se significan no eido laboral.
Este ano os galardóns son para :
Fernando Díaz Vázquez, Federación de Servizos, Movilidade e Consumo (FeSMC).
Comezou a traballar na Xunta de Obras do Porto no ano 1978, e nese momento con 20 anos de idade afíliase á UGT.
Durante os seus anos como traballador e sindicalista no Porto da Coruña desempeñou distintos cargos: Delegado Sindical, Presidente do Comité de Empresa, formó parte da Contitución do Sector Estatal de Portos, Aduanas e Consignatarias de TCM- UGT, ademáis foi membro das Executivas Provinciais de TCM-UGT, e liderou durante varios anos o Sector de Portos, Aduanas e Consignatarias de UGT en Galicia ademáis de ser Conselleiro na Autoridade Portuaria de Ferrol.
A súa labor sindical no puerto foi encomiable, gracias a o seu traballo, impulsouse o I Convenio Marco en Portos do Estado e Autoridades Portuarias, loitou polo mantemento do Servizo de Grúas como servizo de prestación en Xestión Directa por parte del Porto. E conseguiu a aplicación de COES e o encadramento no Reximen Especial do Mar do persoal de Grúas e Básculas. Ademáis constituiu o Plan de Pensiones dos traballadores e traballadoras da Autoridade Portuaria sendo Fernando membro da Comisión de Control de dito Plan.
Además, foi fundamental a súa labor sindical nas áreas de Negociación Colectiva no ámbito do Puerto de A Coruña, firmando os primeiros Acordos de Empresa da Autoridade Portuaria.
Fai agora 9 anos, xubilouse como Oficial de Protección de Buques e Instalaciones Portuarias e Director de Seguridade, deixando relevo na Sección Sindical de UGT con compañeiros que a día de hoxe forman parte da Executiva Provincial e do Sector Estatal Maritimo – Portuario.
Hermindo Martínez Paredes, Federación de Servizos Públicos (FeSP).
Foi celador do CHUAC. Afiliado á UGT dende o ano 1986, e comezou a súa labor sindical nos centros de saúde do hospital.
Dous anos despos, no ano 1988, foi elexido como delegado. Incorporouse como membro da Executiva Provincial coa responsabilidade da Secretaria de Sanidade provincial ata o ano 2011.
A súa labor centrouse principalmente na resolución dos problemas laborais, tanto nos centros de saúde como nos hospitais privados, función que realizó ata a súa xubilación no 2013. Así mismo, a día de hoxe continúa coa súa labor, mostrando o seu apoio aos delegados e delegadas do CHUAC e continúa en contacto co persoal.
Manuel Torres Suárez, Federación de Industria, Contrución e Agro (FICA).
É traballador e membro do Comité de Empresa por UGT en ARTEIXO TELECOM (antigua Intelsa, instalada no Polígono de Sabón no ano 1972, dúas décadas despois pasou a depender de Teletra, primeiro, e de Alcatel, despois. Xa no ano 1996 constiuise Arteixo Telecom e en 2005 cambia de ubicación e se muda ao concello das Pontes). Así mesmo, entre as loitas como Presidente do Comité de Empresa, tivo que facer fronte ao Ere plantexado pola empresa no que querían despedir a casi o 40% da plantilla.
Afiliado a UGT dende o ano 1989, obstenta dende fai máis de veinte anos e de forma ininterrumpida diferentes cargos de representación sindical no Sindicato Intercomarcal de UGT FICA CORUÑA-CEE, asumindo neste momento, responsabilidades como Secretario de Administración.
Ca entrega destos premios, o máximo reconocimiento do sindicato, a UGT A Coruña e Cee quere resaltar o labor dos seus delegados e delegadas, e agradecer o seu traballo diario.
A Unión Comarcal de UGT A Coruña e Cee quere tamén poñer de manifiesto que é necesario protexer o conquistado e mobilizarnos para gañar o futuro.
Asimismo, convocamos á cidadanía a participar nos actos e manifestacións convocadas para mañá 1º de Maio, para defender o gañado ata agora e continuar avanzando en novos retos laborais e sociais:
10:00 realizaremos a entrega floral no cemiterio civil xunto con CCOO.
11:00 realizaremos a entrega floral na Praza de Pablo Iglesias co PSOE.
12:00 manifestación con saída dende a Praza da Palloza ata a Praza de Ourense.