Unidas contra a violencia machista

Con motivo da situación actual relativa á violencia machista, realizamos no día de hoxe unha concentración na porta da nosa Sede na Avda. Fernández Latorre como mostra do rechazo da UGT á violencia de xénero.

 

Durante este mes de marzo a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero trasladou a actualización de datos sobre asasinatos por Violencia de Xénero  polo que a día de hoxe son xa 1.195 as mulleres asasinadas dende 2003, 11 no que vai de 2023.

Pero ademáis existen outros tipos de violencia contra as mulleres como é a trata de mulleres, as agresións sexuais,... actos que vense reflexados nas noticias deste mes de marzo.

 

Con dito acto queremos insistir na nosa reclamación de máis recursos para poñer fin á violencia contra as mulleres, co fin de previr e dar unha atención integral ás vítimas e, acelerar a aplicación efectiva dos distintos acordos e convenios acadados no ámbito nacional e internacional.

Pero as mulleres tamén sufren violencia no ámbito laboral, un problema invisibilizado en moitos casos polo medo ás represalias ou a perda do emprego. É imprecindible que se poñan en marcha políticas activas e eficaces que permitan previr e combater calqueira forma de violencia contra as mulleres, incluído o acoso dixital. Así como mellorar os dereitos laborais para as víctimas de violencia de xénero.