Un primeiro de maio de celebración e de reivindicación

Neste Primeiro de Maio queremos destacar as conquistas sociais e laborais que a través do diálogo social temos conseguido. Conquistas que supoñen gañar dereitos e mellorar a vida das persoas traballadoras e manifestamos o noso compromiso para seguir traballando para lograr máis e mellores dereitos.

Queremos manifestar, tamén, a nosa solidariedade internacional e o noso compromiso coa paz. Esta agresión significa, en primeiro lugar, un terrible drama humano e incide dunha maneira decisiva no incremento dos prezos como consecuencia das subidas da subministración enerxética, os alimentos e as materias primas no ámbito da Unión Europea. A alza de tipos de interese polo Banco Central Europeo, o enfraquecemento da demanda, a desestabilización da cadea global de subministracións ou subida dos prezos da vivenda e o alugueiro contribúen a proxectar unha incerteza sobre o comportamento da actividade económica e a renda dispoñible de millóns de fogares en España.

O EXCESO DE BENEFICIOS EMPRESARIAIS, CAUSA DO AUMENTO DA INFLACIÓN

A crise da inflación non só estivo propiciada polos efectos exteriores senon que nunha parte moi importante a subida dos prezos vén determinada polo exceso de beneficios empresariais. As empresas repercutiron o custo das subidas dos produtos enerxéticos no prezo final para manter as súas marxes de beneficios, xerando que os efectos desta crise estean a recaer sobre as maiorías sociais, as traballadoras e os traballadores, e afectando de forma grave aos segmentos máis vulnerables da poboación.

A resposta pública para facer fronte á subida dos prezos foi importante, pero é ne​​​​cesarioavalialar as medidas implementadas e os efectos reais das mesmas, para reforzalas e dotalas de eficacia, pois non sempre tiveron as consecuencias desexadas.

A SUBIDA DAS PENSIÓNS, O SMI E AS PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO

Este conxunto de medidas contribuíu de forma decidida a loitar contra a pobreza e a desigualdade social e reduciu a brecha salarial de xénero.

 

Polo momento, a inflación, aínda que se modere, vai seguir sendo alta. Por tanto, para os sindicatos, a aposta polos incrementos salariais é a reivindicación central na negociación colectiva. Necesitamos salarios decentes que crezan en parámetros equivalentes á inflación, garantindo o poder de compra. Para iso, a cláusula de garantía salarial é imprescindible.

 

Asi mesmo, é imprescindible abordar un Estatuto das persoas Traballadoras do século XXI adaptado á dixitalización e as novas formas de traballo e, sobre todo, falar das causas e o custo do despedimento improcedente no noso país. A firma por parte de España no 2021 da Carta Social Europea, que é de obrigado cumprimento, obriga a protexer o emprego. No noso país aínda é demasiado fácil e barato despedir. Temos que avanzar cara un custo do despedimento suficientemente disuasorio, xusto e adecuado ás circunstancias sociais, vitais e de reempregabilidade das persoas vítimas de decisións inxustas, de acordo con a doutrina do Comité Europeo de Dereitos Sociais.

► Manifesto