Un paso adiante por entornos laborais libres de violencias machistas
Fecha: 21 Nov 2025
No día de hoxe pola mañá concentrámonos na Praza das Cigarreiras xunto con CCOO para dar lectura o Manifesto Conxunto con motivo do 25N.
Reiteramos o noso compromiso coa erradicación de todas as formas de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e traballadores e a toda a cidadanía a combatelas ata a súa total eliminación, tanto dos centros de traballo como do conxunto da sociedade.
É imprescindible combatela desde todos os ámbitos, atallando as súas causas, e aumentando os recursos e instrumentos públicos para a súa prevención e erradicación. Así mesmo, como sociedade temos que realizar un rexeitamento frontal e condenar os discursos negacionistas da violencia de xénero e antifeministas que poñen en perigo os avances, cuestionan as políticas públicas contra as violencias machistas e a educación en igualdade, e revitimizan ás mulleres sobreviventes.