UGT valora positivamente a apertura dunha mediación coa empresa South e suspende temporalmente as folgas previstas no aeroporto de Alvedro.

O sindicato confía en que a mediación aberta polo CGRRLL permita alcanzar un acordo

Fecha: 07 Nov 2025

Imaxe diante da porta de acceso ao Aeroporto da Coruña

O Sector Aéreo de FeSMC UGT Galicia valora de maneira positiva a decisión da empresa South de aceptar a solicitude de mediación presentada ante o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRRLL). Esta mediación permitirá, por fin, abrir un espazo de diálogo coa representación de UGT para abordar as causas que levaron á plantilla do aeropuerto da Coruña a iniciar un proceso de mobilización.

Desde UGT consideramos que este primeiro paso cara a negociación é un xesto necesario e esperamos que supoña o inicio dunha vía de entendemento real, que permita avanzar na resolución dos conflictos laborais existentes e na mellora das condicións de traballo do persoal.

Como mostra de boa vontade e compromiso co diálogo, UGT decidiu suspender as folgas previstas para os días 7 e 10 de novembro, confiando en que a empresa manteña o compromiso adquirido e que esta mediación se materialice nun acuerdo xusto e satisfactorio para todas as partes. 

Non obstante, dende UGT queremos subliñar que seguiremos vixiantes e plenamente comprometidos coa defensa dos dereitos laborais, a saúde e a dignidade da plantilla, que leva meses denunciando sobrecarga, falta de medios e condiciones de traballo
insostenibles.

A organización sindical reitera que a vía do diálogo e a negociación é o camiño adecuado para resolver os conflictos laborais, pero recorda tamén que a paciencia da plantilla está ao límite e que o sindicato non dudará en retomar as mobilizaciones si non se observan avances reais que den resposta ás reivindicaciones plantexadas.