UGT esixe unha reforma das políticas activas de emprego e máis recursos para os servizos públicos de orientación profesional.

A creación de emprego e a mellora das condicións laborais non están a chegar a toda a poboación activa

Fecha: 06 Ago 2025

Vista aérea dun paso de peons.

Os datos de afiliación á Seguridade Social de xullo, consolidan a tendencia positiva da afiliación na nosa Provincia chegando ata as 484.098 persoas afiliadas, 3.686 máis que o mes anterior e 10.306 con respecto a xullo do ano anterior. A Coruña é a provincia de Galicia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de variación interanual do 2,18%.

Con respecto aos datos de paro rexistrado, comprobamos un aumento en 293 persoas en situación de desemprego con respecto ao mes anterior. Sen embargo, a tendencia interanual amosa unha diminución dun 8,65%.

Dende UGT insistimos na necesidade dunha reforma das políticas activas de emprego e a dotación de maiores recursos financeiros e humanos aos servizos públicos de orientación profesional. Abandonar as normas de despedimento que violan a Carta Social Europea e permiten que a parte empresarial rescinda os contratos de traballo sen causa e a un custo irrisorio.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En xullo rexistráronse un total de 42.740 persoas en situación de desemprego, 293 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.049 persoas (-8,65%).

- Neste mes hai 86 homes menos e 379 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xuño. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.243 mulleres e o masculino en 1.806 homes. As mulleres representan o 59,8% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.487 en xullo, o que supón unha diminución de 25 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en xuño. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 168 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminúe en xullo en 117 persoas; chegando a un total de 3.406 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 153 persoas estranxeiras desempregadas.

- A información por sectores amosa un aumento de 293 persoas paradas. Se produce unha diminución nos sectores do agro en 24 persoas, industria en 36 persoas, construción en 42 persoas e no colectivo sen emprego anterior 28 persoas. Sen embargo, no sector servizos se produce un aumento en 423 persoas.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 3.686 persoas en xullo, ata alcanzar unha media de 484.098 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 36.617, dos cales 9.895 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de xullo sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 27%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un descenso de 66 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.610 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 197 persoas (-10,90%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: Muros (18 persoas) e Fisterra (17 persoas). Pola contra, o paro aumenta nos Concellos de Mazaricos (9 persoas) e Vimianzo (1 persoa).

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 340 persoas (son 22.060 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1782 persoas (-7,47%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: Cerceda (6 persoas) e Oza dos Ríos (5 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Coruña (185 persoas) e Arteixo (34 persoas).