A Subdelegación do Goberno na Coruña premia o labor do sindicalismo na loita pola igualdade

No día de onte, a Subdelegación do Goberno na Coruña organizou a xornada ‘Sindicalismo e feminismo: unha senda indisoluble’. Durante a mesma se falou das grandes loitas lideradas polas mulleres e os grandes avances sociais conseguidos gracias a ditas loitas.

Ademais, durante o acto María Rivas, Subdelegada do Goberno na Coruña, fixo entrega dun galardón a CCOO Galicia e UGT Galicia polo labor feito por ambos sindicatos. Recalcouse que o sindicalismo foi impresdindible para conseguir avances en materia de igualdade.

O galardón de UGT foi recollido por Inmaculada Sieiro.