Seguiremos traballando para que o emprego medre con estabilidade, salarios dignos e oportunidades reais

Non podemos caer na autocomplacencia: aínda hai demasiada xente que quere traballar e non pode facelo.

Fecha: 07 Xul 2025

Persoa traballando nun aparello no sector da industria

Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social de xuño, consolidan a tendencia positiva do emprego na nosa Provincia. A redución do desemprego en 1.585 persoas e o aumento da afiliación en 2.023 reflicten unha robusta creación de emprego, mesmo nun contexto internacional adverso.

Aínda que os datos son positivos, non podemos caer na autocomplacencia e é imprescindible seguir traballando para reducir a taxa de desemprego, sobre todo o desemprego de longa duración; mellorar as políticas activas de emprego; abordar o emprego a tempo parcial involuntario; crear emprego de calidade; avanzar en aumentos salariais sostidos;  e o goberno ten que protexer os contratos laborais e cumprir os seus compromisos internacionais en materia de despedimentos.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En xuño rexistráronse un total de 42.447 persoas en situación de desemprego, 1.585 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.486 persoas (-9,6%).

- Neste mes hai 718 homes e 867 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a maio. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.455 mulleres e o masculino en 2.031 homes. As mulleres representan o 59,31% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.512 en xuño, o que supón unha diminución de 148 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en maio. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 160 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminúe en xuño en 255 persoas; chegando a un total de 3.523 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 122 persoas estranxeiras desempregadas máis.

- A información por sectores amosa unha diminución de 1.585 persoas paradas. Se produce unha diminución en todos os sectores; sendo o reparto de 126 persoas na industria, 44 persoas no agro, 1202 persoas no sector servizos, 15 no sector da construción e 198 persoas no colectivo sen emprego anterior.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 2.023 persoas en xuño, ata alcanzar unha media de 480.412 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 30.892, dos cales 8.572 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de xuño sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 27,75%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un descenso de 115 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.676 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 171 persoas (-10,20%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: Vimianzo (29 persoas) e Carnota (23 persoas). Pola contra, o paro aumenta nos Concellos de Cee (2 persoas) e Mazaricos (1 persoa).

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un descenso de 690 persoas (son 21.833 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 2.070 persoas (-9,48%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: A Coruña (282 persoas), Cambre (54 persoas) e Culleredo (49 persoas)). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos de Aranga (7 persoas) e Miño (3 persoas).