Seguimento masivo nas novas xornadas de folga no Comercio de Alimentación da Coruña por un convenio digno
É imprescindible que a Patronal desbloquee a situación da negociación.
Fecha: 26 Xuñ 2026
As traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da provincia da Coruña protagonizaron un seguimento masivo nas
xornadas de folga convocadas esta semana no sector e tamén participaron nas manifestacións que discorreron polas principais cidades da provincia.
A demanda dun convenio xusto e digno para o sector estivo no centro das mobilizacións, así como a crítica ante a cerrazón da patronal.
Á última reunión, UGT, CCOO e CIG acudiron cunha plataforma unitaria á que a patronal non foi capaz de dar resposta nin de achegar unha alternativa sobre a que poder negociar.
Os catro sindicatos están dispostos a sentarse de novo a negociar para intentar chegar a un convenio digno no que se melloren as retribucións, os tempos de traballo e todo o relativo á conciliación da vida persoal e laboral.