Se aumenta o coste da vida, teñen que aumentar os salarios

O Secretario Xeral de UGT, Pepe Álvarez, interveu hoxe na asemblea en A Coruña, onde se analizou, entre outras cuestións, o acordo sobre pensións, a reforma laboral, as novas medidas anunciadas polo Goberno no marco do plan de choque en resposta á guerra e sobre Negociación Colectiva.

Grazas a reforma do sistema de pensións, éstas aumentan segundo aumenta o IPC, se eliminou o factor de sustentabilidade. A reforma das pensións, non só está pensado para os pensionistas actuáis, se non tamén no futuro das pensións. Unha situación, moito mellor que a existente no 2011.

 

Dende a UGT planteouse a necesidade da Reforma Laboral, e conseguiuse un avance moi importante. Aínda que moitos criticaron que non era nada o logrado. Estos meses demostraron que a Reforma cambia sustancialmente a situación laboral das persoas traballadoras.

Dos tipos de contrato actual, tres son de carácter indefinido (a xornada completa, a tempo parcial ou fixo discontinuo) nos que ten cabida o 99% da actividade productiva do noso país. Existen 2 contratos temporales: por circunstancias da produción ( máx. 18 meses en 2 anos, sin posibilidade de voltar a contratar a outra persoa no mesmo posto) e, o contrato temporal. E por último, un contrato formativo con dereitos. En tres meses pasouse dun 4% de contratación indefinida a un 21% no mes de febreiro, e seguramente en marzo se alcance o 30%, cando a Reforma Laboral alcalza a súa efectividade plena o 1 de abril.

Para a UGT é imprescindible que se multiplique o número de inspectores e inspectoras da Inspección de Traballo e, que se vixíen ás contratacións indefinidas a tempo parcial.

Grazas á Reforma, os convenios colectivos prevalecen sobre os convenios das empresas e, existen os ERTES en situacións de causa maior. Ou incluso recibir unha formación nun cambio de actividade dunha empresa, en lugar do despedimento.

Froito de intensas negociacións e un duro trámite parlamentario conseguíronse estas medidas, pero traballaremos ata lograr modificar o sistema de despedimento actual, a modificación do sistema dos expedientes,... Queda moito traballo por diante, incluso son necesarias modificacións no propio Estatuto dos Traballadores.

No tocante á Negociación Colectiva, é imprescindible mellorar o sistema adquisitivo de todas as persoas traballadoras do noso país. Só o 16% dos convenios colectivos teñen cláusulas de revisión salarial, e vivimos nunha situación dun IPC desbocado, por iso, é esencial que nos novos convenios se inclúa dita claúsula.

É preciso evitar todos os accidentes de traballo con políticas de protección, medidas de prevención en riscos psicosociais e, as enfermedades profesionais. Dende UGT solicitaremos a modificación da lei relativa a seguridade e saúde, é preciso a existencia de delegados de prevención nas comarcais e sectoriais, que teñan a capacidade de poder denunciar en inspección de traballo e ésta actuar de forma inmediata. Son necesarios máis medios dos que poñen os sindicatos. Son necesarios medios que se faciliten dende o Estado e o Ministerio de Traballo.

Unha das prioridades na axenda da UGT é lograr unha igualdade efectiva. É necesario abordar a igualdade pola vía lexislativa. O Estado ten que aportar mellores recursos para que non recaian sempre os coidados sobre ás mulleres.

Vivimos nunha crise provocada pola invasión a Ucraína. É necesario facer unha globalización pensando nas persoas, non só onde é máis barato producir, senón onde se garanta o abastecemento nas cousas esenciais.

O Goberno onte presentou unhas medidas para paliar os efectos da invasión de Rusia a Ucraína, son medidas que van en boa dirección, pero son claramente insuficientes. Insuficientes polo tempo, 3 meses é moi pouco tempo, e nas cuantías e porque, nalgúns casos, como na subvención dos combustibles, é moi posible que as empresas o trasladen ó consumidor con subidas dos prezos, como estamos a ver nos últimos días.
É necesario incluir medidas para aquelas persoas que están a sufrir estos aumentos de prezos e non teñen para pagar ás cousas esenciais. É necesario pensar no coste de combustible para todas as persoas, non só nos profesionais do transporte.