A reforma laboral segue a demostrar a súa eficacia, pero é necesaria para abordar os problemas pendentes no mercado laboral

Subir os salarios e reducir o desemprego e a xornada laboral

As cifras de desemprego e afiliación á seguridade social de outubro, publicadas hoxe, reflicten o impacto do final da tempada turística. Na Provincia da Coruña, os datos de emprego publicados hoxe, amosan un aumento de 121 persoas en situación de desemprego e un aumento de 1.719 persoas afiliadas a Seguridade Social. 

En canto á contratación, na Provincia da Coruña, rexistráronse un total de 29.736 contratos, dos cales 10.021 son indefinidos, o que representa o 33,7% da contratación.

Seguir traballando para mellorar as condicións laborais

UGT pide políticas activas de emprego mellor deseñadas e implementadas que ofrezan unha orientación profesional eficaz e personalizada, reforzando así a empregabilidade das persoas desempregadas.

Así mesmo, esiximos unha reforma que restableza a xustiza nos despedimentos e garanta a plena reparación para as persoas traballadoras afectadas, tal e como establece a Carta Social Europea e o recoñece o Comité Europeo de Dereitos Sociais, que declarou que o sistema español non protexe adecuadamente contra os despedimentos improcedentes.

Igualmente, uns salarios máis altos e xustos son esenciais, dados os substanciais beneficios que as empresas están a experimentar na actualidade e a dinámica de crecemento económico. Esta recuperación é crucial para impulsar o consumo das familias e, en consecuencia, para impulsar o crecemento económico e a creación de emprego.

Ademais, a redución da xornada laboral sen perda salarial segue sendo unha prioridade pendente que xa non podemos pospoñer. Esta reforma é necesaria para adaptar as relacións laborais á nova era, marcada pola dixitalización, a automatización, a intelixencia artificial e as grandes transicións ecolóxicas, demográficas e tecnolóxicas.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En outubro rexistráronse un total de 44.970 persoas en situación de desemprego, 121 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 3.052 persoas (-6,36%).

- Neste mes hai 313 homes máis e 192 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a setembro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.645 mulleres e o masculino en 1.407 homes. As mulleres representan o 59,03% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.992 en outubro, o que supón un aumento de 99 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en setembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 40 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumenta en outubro en 64 persoas; chegando a un total de 3.888 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 221 persoas estranxeiras desempregadas.

- A información por sectores amosa un aumento de 121 persoas paradas. Se produce un aumento nos sectores do agro de 44 persoas, servizos 189 persoas e no colectivo sen emprego anterior 34 persoas; e unha diminución no sector da industria en 115 persoas e no da construción en 31 persoas.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 1.719 persoas en outubro, ata alcanzar unha media de 481.332 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 29736 dos cales 10.021 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de outubro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 33,7%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, unha diminución de 16 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.754 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 139 persoas (-7,34%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Muros (15 persoas), Outes (12 persoas) e Cee (12 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Fisterra (14 persoas) e Mazaricos (7 persoas).

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan unha diminución de 7 persoas (son 22.918 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1.375 persoas (-5,66 %). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Arteixo (49 persoas) e Oleiros (45 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Coruña (30 persoas) e curtis (16 persoas).