A reforma laboral continúa a mostrar os seus bos resultados

Este terceiro trimestre é unha mostra máis da fortaleza do emprego grazas ao impulso da reforma laboral de 2021.

Fecha: 26 Out 2023

Muller xoven facendo café nun bar

Os datos da EPA publicados hoxe polo INE, correspondentes ao terceiro trimestre de 2023, reflicten a fortaleza mostrada ata agora polo mercado laboral. A ocupación reflicte un incremento de 14.200 persoas ocupadas máis neste trimestre, 30.600 persoas máis en termos anuais. A taxa de paro, pola súa banda, diminuiu nun 1,1% con respecto ao segundo trimestre. En canto á calidade do emprego, a taxa de temporalidade aumentou nun 2,25%.

Os datos amosan que 2023 está a ser un ano positivo para o mercado laboral, rexistrando aumentos de emprego e asalariados, a pesar da incerteza provocada pola guerra de Ucraína. Este terceiro trimestre é unha mostra máis da fortaleza do emprego grazas ao impulso da reforma laboral de 2021. 

Solucións para o paro de longa duración e o traballo a tempo parcial

Por outra banda, a pesar do recoñecemento que esixen as melloras que a reforma laboral conseguiu no mercado laboral, para UGT Coruña e Cee aínda queda moito camiño por percorrer para solucionar os problemas que afectan as persoas traballadoras. Unha delas, que vén denunciando o sindicato, é a porcentaxe de parados de longa duración, definido como aqueles que levan máis dun ano en busca de emprego. Neste sentido, UGT Coruña e Cee considera fundamental que se dispoña dos medios para evitar que isto suceda, con políticas activas de emprego eficientes e un Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) con medios humanos e técnicos que faciliten o seu traballo.

UGT Coruña e Cee afirma que outro signo de precariedade é a parcialidade do emprego entre os ocupados, un 17,82%, dos cales practicamente a metade faino de forma involuntaria, porque non poden acceder a un traballo a tempo completo. Esta situación está a xerar unha situación de pobreza laboral insostible na nosa provincia.

Por todos estes motivos, o terceiro trimestre continúa co avance realizado dende a aprobación da reforma laboral e reflicte unha situación económica estable. Aínda así, é fundamental seguir incidindo na necesidade de completar a reforma laboral con novas medidas que eviten os problemas estruturais do noso mercado laboral, como o paro de longa duración ou a parcialidade desproporcionada. Para UGT Coruña e Cee, a próxima lexislatura é a oportunidade idónea para dar un xiro de 180 graos á política laboral de España, que xa se está a producir coa redución da temporalidade e o establecemento de contratos indefinidos. 

Datos de interese

  •  Na provincia da Coruña, no terceiro trimestre de 2023, a taxa de actividade aumentou nun 0,3% (homes nun 1% e mulleres diminúe nun 0,4%), a taxa de ocupación aumenta nun 0.9% ( homes nun 1,3% e mulleres nun 0,4%) e a taxa de paro diminuiu nun 1,1% (homes 0,5% e mulleres 1,4%).
  • Rexistráronse un total de 528.600 persoas activas, das cales un 48,69% son mulleres e un 13,5% son menores de 30 anos.
  • Do total da poboación ocupada (1.144.000 persoas) o 70,33% adícase ao sector servizos (824.800).
  • Das 404.600 persoas asalariadas o 82,18% ten un contrato de duración indefinida.
  • Na Coruña hai 43.100 persoas paradas, das cales o 56% son mulleres.
  • Hai 18.300 fogares onde todos as persoas activas están en paro, 800 máis que no trimestre anterior.
  • Na poboación de 16 a 29 anos, a taxa da actividade é do 52,2% (homes 51,0% e mulleres 53,3%), a taxa de ocupación é do 44,4% (homes 43,6% e mulleres 45,3%)  e a taxa de paro é do 14,8% (homes 14,5% e mulleres 15,1%). Con respecto ao segundo trimestre do 2023 as taxas de actividade e de ocupación medraron e, a taxa de paro descendeu, tanto en termos totais como nos desagregados por sexos.
  • A poboación asalariada entre 16 e 29 anos é de 56.400 persoas, dos cales o 56,56% teñen un contrato de tipo indefinido. Do total o 52,48% son mulleres. Con respecto aos datos do trimestre anterior, hai 5.000 persoas máis asalariadas.
  • No Concello da Coruña, con respecto ao trimestre anterior, a taxa de actividade aumentou nun 1,3%, a taxa de ocupación nun 0,6% e a taxa de paro nun 1%. Sen embargo, se comparamos os datos co mesmo período do ano anterior, a taxa de actividade aumentou nun 0,8%, a taxa de ocupación nun 1,5% e a taxa de paro diminuiu nun 1,4%.