A reforma laboral continúa cumprindo obxectivos 2 anos despois

Son necesarias actuacións complementarias que apoien o gran potencial da reforma laboral

Fecha: 03 Abr 2024

Persoas camiñando por un corredor

Os datos do paro rexistrado do mes de marzo, publicados polo Servizo Público de Emprego (SEPE), amosan un descenso de 784 persoas con respecto a febreiro, o que supón un total de 51.369, 5.562 persoas menos que o ano anterior.  Pola súa banda, a afiliación á Seguridade Social aumenta este mes en 3.908 persoas e alcanza un total de 462.479 persoas afiliadas, 10.264 persoas máis que o ano pasado. 

O impulso do contrato indefinido fronte ao temporal que impulsou a reforma laboral de 2021 supuxo un incremento do emprego estable que se segue mantendo dous anos despois: o peso dos contratos indefinidos sobre o total multiplicouse por 2,15, pasando dun 17,41 % en marzo de 2021 ao 37,38% este mes.  En marzo rexistráronse un total de 21.140 contratos, dos que 7.903 foron indefinidos. 

Pola súa banda, a temporalidade reduciuse en 20 puntos nestes dous últimos anos, pasando do 82,59% en marzo de 2021 ao 62,62% neste último mes. 

Así, tras dous anos de vixencia, a reforma laboral está cumprindo efectivamente o obxectivo fundamental para o que foi deseñada: reducir a temporalidade excesiva mediante a creación de emprego de calidade. Ademais, segundo certificou a Contabilidade Trimestral da semana pasada, a fortaleza amosada polo mercado de traballo está a servir para sustentar o crecemento da economía, permitindo, xunto coa moderación da inflación e as subas salariais motivadas pola AENC, que a economía española creza a un ritmo cinco veces superior ao da Eurozona, grazas, sobre todo, ao impulso do consumo dos fogares. 

Asuntos pendentes

Non obstante, persisten desequilibrios no funcionamento do mercado de traballo que deben ser corrixidos. Neste sentido, destaca a necesaria modificación das causas e custo do despedimento, para que se garanta o dereito das persoas traballadoras a percibir unha indemnización adecuada, con carácter disuasorio e compensatorio, tal e como recolle a Carta Social Europea. Un asunto que UGT informou ao Comité Europeo de Dereitos Sociais, que xa se pronunciou ao respecto, pero cuxa resolución non se pode desvelar ata que o Executivo o autorice. Por iso, o Sindicato insta ao Goberno a actuar con transparencia e responsabilidade, facendo pública a resolución do organismo canto antes.

En definitiva, aínda que a reforma laboral está a ser verdadeiramente eficaz dentro do seu ámbito de actuación, son necesarias actuacións complementarias que apoien o seu gran potencial transformador, consolidando a mellora real das condicións laborais das persoas traballadoras e favorecendo o crecemento da produtividade. A ISO da economía española, segue a ser o referente do dinamismo da Eurozona a longo prazo.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En marzo rexistráronse un total de 51.369 persoas en situación de desemprego, 784 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 5.562 persoas (- 9,77%).

- Neste mes hai 227 homes e 557 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a febreiro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 3.619 mulleres e o masculino en 1.943 homes. As mulleres representan o 58,03% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 2.085 en marzo, o que supón unha diminución de 20 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en febreiro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 322 menores de 25 anos desempregados menos.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados diminue en marzo en 148 persoas; chegando a un total de 4.035 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 3 persoas estranxeiras desempregadas máis.

- A información por sectores amosa unha diminución de 784 persoas paradas. Se produce un aumento de 31 persoas no colectivo sen emprego anterior, e unha diminución de 40 persoas no agro, 4 na industria, 19 persoas no sector da construción e de 752 no sector servizos.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 3.908 persoas en marzo, ata alcanzar unha media de 462.479 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 21.140, dos cales 7.903 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de marzo sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 37,38%.