Quedan cuestións importantes por resolver en canto ao funcionamento do mercado laboral
A boa marcha da economía segue impulsando a creación de emprego
Fecha: 10 Dec 2025
As cifras de desemprego e afiliación á Seguridade Social de novembro, da provincia da Coruña, reflicten unha baixada do desemprego de 657 persoas e unha diminución da afiliación de 580 persoas, un feito típico neste mes debido a factores estacionais.
A afiliación á Seguridade Social baixou en 580 persoas respecto a outubro (-0,12%), chegando ás 480.752 persoas afiliadas. En comparación co mesmo mes de 2024, hai 8.742 persoas máis, o que se traduce nunha taxa anual de creación de emprego do 1,85%, un ritmo moi significativo. Todo isto demostra que a tendencia do mercado laboral da provincia segue sendo positiva e sólida, independentemente das flutuacións estacionais propias de cada mes.
Así, o forte desempeño da economía española continúa a impulsar a creación de emprego, que tamén é de maior calidade grazas aos cambios implementados na última reforma laboral. Malia esta tendencia positiva, aínda quedan importantes cuestións por resolver en canto ao funcionamento do mercado laboral.
Neste sentido, aínda hai un marxe considerable para unha maior redución do desemprego, especialmente entre aqueles que levan máis dun ano buscando traballo. Este colectivo require apoio específico para facilitar o seu regreso ao mercado laboral. Por iso, UGT insiste na necesidade de reforzar as políticas activas de emprego, dotándoas dun deseño e implementación máis eficaces, capaces de ofrecer unha orientación e uns servizos personalizados que melloren realmente a empregabilidade das persoas desempregadas.
Tamén é fundamental promover salarios máis xustos e altos, en consonancia cos elevados beneficios que están a xerar as empresas e o robusto crecemento económico actual. Do mesmo xeito, a redución da xornada laboral sen unha redución salarial segue sendo unha reforma urxente que xa non se pode adiar. É unha medida necesaria para adaptar o marco laboral a unha realidade marcada pola dixitalización, a automatización, a IA e as grandes transformacións ecolóxicas e demográficas. Bloquear este progreso, que conta cun apoio abrumador da cidadanía, non ten sentido.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En novembro rexistráronse un total de 44.313 persoas en situación de desemprego, 657 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 3.542 persoas (-7,40%).
- Neste mes hai 66 homes e 591 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a outubro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.905 mulleres e o masculino en 1.637 homes. As mulleres representan o 58,57% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.964 en novembro, o que supón unha diminución de 28 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en outubro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 88 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminuiu en novembro en 88 persoas; chegando a un total de 3.800 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 248 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa unha diminución de 657 persoas paradas. Se produce un aumento no sector da construción en 30 persoas; e unha diminución no sectores do agro de 12 persoas, servizos 522 persoas, 46 persoas na industria e 107 persoas no colectivo sen emprego anterior.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 580 persoas en novembro, ata alcanzar unha media de 480.752 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 25.184 dos cales 7.962 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de novembro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 31,6%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 49 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.803 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 96 persoas (-5,06%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro son: Vimianzo (4 persoas) e Dumbría (1 persoa). No resto dos Concellos se rexista un aumento do paro, así mesmo o paro é más acusado nos Concellos da Corcubión (12 persoas), Muros (11 persoas) e Fisterra (10 persoas).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan unha diminución de 395 persoas (son 22.523 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1.611 persoas (- 6,68 %). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: A Coruña (265 persoas) e Arteixo (47 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Laracha (11 persoas) e Aranga (8 persoas).