Por un convenio digno e un servizo público de calidade

Ambulancias en folga

Fecha: 07 Xul 2023

Ambulancia pintada e persoal en folga

Unha vez máis os traballadores e traballadoras de ambulancias teñen que saír á rúa para defender os seus dereitos. A paralización do convenio, o aumento de carga de traballo e as condicións nas que teñen que facer o servizo e ao frustarse calqueira negociación, lles leva a convocar varias folgas durante o mes de xullo ( días 6, 7, 19, 20 e 21 de xullo).

O aumento da carga de traballo foi brutal nestes últimos anos sen aumentar o número de ambulancias. Ademáis, nese sector aínda hai empresas onde o persoal ten que facer horas extras todos os meses (sen cobrar ou mal pagadas), onde non teñen descansos e vacacións regulamentarias, onde falta persoal ou onde as empresas non se fan cargo - como marca a lei - da desinfección de uniformes, poñendo en risco a súa saúde e a das súas familias. Pero ademáis diso, a precariedade dos concursos públicos afecta tamén ao propio servizo: ambulancias deterioradas, ambulancias e bases sen limpeza e desinfeccións adecuadas, falta material para realizar dignamente a súa función.

A loita non é so polos dereitos das persoas traballadoras, senon por todas esas persoas que poidan necesitar o servizo, un elemento básico no sistema sanitario.

Se non se negocia o novo convenio colectivo que poña as bases para solucionar a raíz destes problemas, seguirán a denunciar a precariedade do traballo e de todo un sector.  

Que o sector esté infradotado, tanto en persoal como en material, para atender as necesidades da cidadanía galega é responsabilidade do deseño político que depende da Consellería de Sanidade.