Persoal de Teleperformance sae a rúa contra o ERE

O ERE plantexado afecta a 38 persoas na sede da Coruña

O ERE anunciado o pasado venres 25 de agosto deixará na rúa a 38 familias en A Coruña, 158 en Ponferrada, 110 en Sevilla e 4 en Madrid. A multinacional que dobrou os seus beneficios trala pandemia e que recentemente anunciou unha OPA sobre o grupo Majorel, xustifica esta decisión debido a que preve unha disminución de volumes en dúas das
campañas que está a xestionar, Vodafone e Netflix.

Este novo golpe á economía coruñesa é maior se temos en conta que a plantilla pasou de máis de 900 persoas ás 515 que están a traballar actualmente no centro da Grela.
Case 400 persoas quedaron sen emprego na comarca sen que as administracións, Concello, Xunta de Galicia nin o Estado, tomasen medidas para frear a deslocalización dos servizos de atención á clientela, que as grandes multinacionais como Teleperformance e por ende os seus clientes, levan a países con condicións laborais e sociais precarias, aumentando os seus beneficios empresariais en detrimento da economía das familias da Coruña.

Este novo episodio súmase á deslocalización a Teleperformance Colombia do servizo de atención a clientela de Unión Fenosa Distribución, cando Teleperformance España anunciou que mantería os postos de traballo, promesa que non durou máis de 11 meses.

Dende o Comité de Empresa denunciamos a falta de Responsabilidade Social das multinacionais como Teleperformance, que ano a ano aumentan os beneficios dos seus directivos, en troques de invertir na mellora das condicións laborais das persoas traballadoras ou nun mellor servizo e trato para a súa clientela.

O Comité reafírmase no feito de que non sobra ninguén, que a empresa ten capacidade para reubicar a todo o persoal e pelexaremos por manter todos e cada un dos postos de traballo.