Persoal de Comercio Vario en loita

No día de onte o persoal de Comercio Vario realizou unha gran manifestación polas rúas da nosa cidade (dende o Centro Comercial Catro Camiños ata a Rúa Real á altura do Cine París) para reclamar un Convenio digno. O persoal leva dende o 2019 co salario conxelado debido ó nulo avance nas negociacións do Convenio Colectivo.

A proposta da Patronal é unha subida salarial do: 2020 - 0%, 2021 - 4%, 2022 - 3.5%, 2023 - 2.5%, 2024 - 2%. Unha subida salarial por debaixo do IPC, polo que se continuaría mermando o poder adquisitivo do persoal.

Os únicos avances reais propostos é o estabelecemento de 6 sábados libres ó ano e unha pequena melloría nas categorías profesionáis. Pero a Patronal non quere asumir ningunha das reivindicacións da plataforma social en cuestiones como a redución da xornada máxima anual, aumento dos descansos, incrementos nos pluses de sábado e tardes, nin melloras na antigüedade. Asi mesmo, non queren introducir limitacións á contratación inferior a 24 horas, como se recolle en outros convenios, nin máis días de asuntos propios ou mellorar outras licencias.