O persoal de FerroGlobe mobilízanse contra o ERTE

Fecha: 23 Xul 2026

Concentración diante da Empresa

O persoal de Ferroglobe (Arteixo) concéntraronse este mércores ás portas da planta para denunciar as condicións do ERTE presentado pola dirección da empresa.

Dende UGT FICA faise fincapé en que a planta de Arteixo é un piar histórico no tecido industrial coruñés e a única instalación en todo o territorio nacional dedicada á produción de silicio metal, cun claro valor estratéxico. Conta cun cadro de persoal de
máis de 113 traballadores directos e outros 200 indirectos.

Para o Sindicato, o axuste proposto é consecuencia directa da pasividade institucional, sobre todo, a nivel europeo, que os condena a un escenario de total incertidume.

Así, denúnciase a lentitude de Europa para implementar medidas arancelarias e de protección reais, fronte á entrada masiva de silicio producido en China a baixo coste. Trátase dunha situación de competencia desleal que afunde os prezos, xa que
China está a producir cunha normativa laboral e medioambiental que non sería legal na UE.

UGT FICA insiste en que non aceptará que a inacción política sexa utilizada como excusa para precarizar as condicións laborais ou ameazar a continuidade da planta.

 O Sindicato esixe a Ferroglobe un plan de viabilidade claro e insta á Xunta e ao Goberno central a que presionen a Bruxelas para activar mecanismos de defensa comercial.

Tamén se lamenta que a empresa non teña realizado unha xestión máis eficaz para conseguir prezos ou acordos enerxéticos que permitan manter a competitividade da planta e critícase a falta de proactividade da dirección á hora de buscar e asegurar mercados para colocar a produción.