O ensino concertado galego continúa coas súas reivindicacións con novas mobilizacións
Fecha: 26 Xuñ 2026
Despois de varias mobilizacións, e tralo silencio amosado pola Consellería de Educación, as organizacións sindicais do ensino concertado de Galicia fan un novo chamamento ao sector e á comunidade educativa en prol de acadar un marco negociador que poña fin a anos de ostracismo.
A repercusión das últimas caravanas de coches que percorreron as cidades de Vigo e A Coruña o pasado 28 de maio e as concentracións do pasado venres tamén en Vigo, Coruña e Santiago reflicten o malestar e hastío ao que as persoas traballadoras foron condenadas hai xa máis de 18 anos, tempo no que a Xunta de Galicia non fixo máis que aplicar recortes nos seus dereitos e condicións laborais, sociais e salariais.
7.000 profesionais
Máis de 7.000 profesionais atópanse desamparados por unha política excluinte de todo proceso negociador que xurda dos seus lexítimos representantes, ata o punto de bloquear calquera posibilidade de acordo aprobando leis ad hoc para xustificar a súa negativa a sentarse para abrir vías de mellora nas súas condicións de traballo.