O avance dos datos da sinistralidade laboral reflicte a grave situación do mercado laboral

Non se deben normalizar as mortes no traballo

Fecha: 14 Set 2023

Imaxe do interior dun quirófano durante unha intervención

Segundo os datos estatísticos de avance facilitados polo Ministerio de Traballo e Economía Social, correspondentes ao periodo de xaneiro a xullo de 2023, en España producíronse 688.672 accidentes laborais, dos cales 360.594 provocaron a baixa laboral do traballador (o que supón un descenso do 0,7) e registráronse 328.078 accidentes laborais sen baixa (un 2,7% máis, con respecto ao mesmo período de 2022). Ademais, rexistráronse 399 accidentes mortais, 76 menos con respecto aos datos anticipados dos sete primeiros meses de 2022, co que se reduce este dato un 16%. 

Na provincia da Coruña, producíronse un total de 6.963 accidentes de traballo con baixa, 6.348 en xornada e 615 en itínere. Destes 87 foron de graves e 15 mortais. O 86,6% dos accidentes mortais son producidos durante a xornada laboral. Con respecto ao mesmo período do ano anterior, o número de accidentes de traballo con baixa aumentan nun 3,5% ( 248 accidentes máis) e o número de mortes aumenta nun 6,6% (1 morte máis).

As estatísticas reflicten como afectan á seguridade e á saúde no traballo as altas temperaturas que se acadaron no noso país durante o verán. Aumentaron os accidentes relacionados coa exposición a altas temperaturas, producíronse 128 accidentes por calor e insolación, dos cales 2 foron mortais e 70 por efectos de temperaturas extremas. Os primeiros aumentaron un 19,6% e os segundos un 18,6% con respecto ao mesmo período de 2022. É imprescindible que se negocien nas empresas protocolos para garantir a protección da saúde e a seguridade das persoas traballadoras fronte. de fenómenos meteorolóxicos extremos, tanto en casos de exposición a altas temperaturas como, por exemplo, nas intensas choivas. 

Dende UGT Coruña Cee reiteramos a nosa proposta de articular un Plan de Choque contra a Accidentes Laborais de xeito inmediato, por iso instamos á formación do futuro Goberno para que abra unha Mesa de Diálogo Social en materia de prevención de riscos laborais, onde se negocie o devandito Plan de Choque. Entre as materias que hai que incluír non poden faltar os riscos psicosociais, xa que a saúde mental das persoas traballadoras está a deteriorarse e, están relacionados coa primeira causa de morte por accidentes laborais no noso país, que son os infartos e os ictus. 

Dende o sindicato reclamamos a creación dunha figura similar á do Delegado Territorial de Prevención de Riscos Laborais a nivel estatal. O que sen dúbida axudaría a mellorar a prevención de riscos laborais nas pemes do noso país que non teñen representación sindical.

Por último, insistimos en que hai que achegar máis medios humanos e materiais á Inspección de Traballo, para controlar o cumprimento das normas, e á Fiscalía de Saúde Laboral, para investigar e determinar as competencias. Non podemos permitir que estas mortes queden impunes.