Novo ERE en Teleperformance dous anos despois

Na Coruña son 27 as persoas afectadas

Fecha: 11 Xuñ 2025

Cabeceira da concentración. Lema do cartaz "Na defensa dos postos de Traballo en Teleperformance"

A compañía francesa Teleperformance comunicou o 30 de maio o inicio dun proceso de Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para o persoal dos centros da Coruña, Ponferrada, Barcelona, Madrid, Sevilla e Jaén debido á finalización dos servicios de Vodafone NML e Verisure.

En España, a compañía ten máis de 11.000 persoas traballadoras repartidas nos 15 centros de emprego. Trátase da primeira empresa do sector a nivel mundial con máis de 138.000 persoas traballadoras en 47 países.

No ano 2023 Teleperformance adquire a empresa Majorel, unha das súas principais competidoras. E dende ese momento é o cuarto Ere que realizan no grupo empresarial. O primeiro en Teleperformance tuvo lugar en outubro de 2023, e foron 41 as persoas despedidas do centro da Coruña. Neste novo ERE, a afectación na Coruña é de 27 persoas, 321 a nivel estatal.

O centro de traballo da Coruña, viu reducida drásticamente a plantilla nos últimos anos debido á destrución deliberada dos postos de traballo, a pesar de que as empresas para as que presta servizo tiveron beneficios millonarios.

Así mesmo, estamos a falar dun sector altamente feminizado e, o Ere comunicado, afecta a persoal con gran esperiencia laboral no sector e cunha idade media superior aos 50 anos.

Na xornada de hoxe, está a ter lugar unha nova reunión da comisión negociadora.