Non a precariedade laboral en Jevaso Arteixo

O persoal de Jevaso Arteixo, concéntrase nas inmediacións das instalacións da empresa, situada no Polígono de Sabón (Arteixo), para reclamar unhas condicións dignas de traballo.

A central sindical de UGT, que ostenta a maioría da representación das persoas traballadoras no centro de Arteixo, promove movilizacións ante o descontento da plantilla e o rechazo constante por parte da empresa, ante calquera proposta ou petición que se lle fai chegar dende o Comité de Empresa.

A primeira mobilización realizada este martes día 15 de novembro , contou cunha gran participación das traballadoras e traballadores que, por primeira vez nos casi 40 anos de actividade empresarial , únense para decir BASTA Á PRECARIEDADE LABORAL á que están sometidos.

UGT, reclama á empresa, que dunha vez por todas, escoite á plantilla e cambie a súa postura, solucionando de inmediato temas como o tempo de descanso e os graves incumplimentos en materia de saúde laboral. Ademáis de negociar melloras respecto á xornada laboral, salarios, transporte, categorías profesionais, contratacións mediante ETT, xubilaciones parciais…

Á dirección de Jevaso, no se lle pode esquecer, que gran parte dos millóns de euros que xeneran de beneficio, veñen dados do gran esforzo diario que realizan os seus traballadores e traballadoras, baixo o trato vexatorio e as presións que sofren por parte dalgúns mandos intermedios, trato que a propia dirección consinte e alienta.

O centro de Jevaso Arteixo non é o único no que se producirán mobilizacións, se non que nos demáis centros sitos en Barcelona, Madrid e Zaragoza, también as farán. Sendo coincidentes todas elas na próxima concentración fixada para o 25 de novembro.