Non a deslocalización de Fenosa en Teleperformance

O venres pasado, o persoal de Teleperformance saiu as rúas da nosa cidade para denunciar a deslocalización do servizo de atención ó cliente de Fenosa (Naturgy) en Teleperformance, que a partires do mes de setembro se xestionará dende Colombia.

O obxectivo de ditas actuacións e que a cidadanía coñeza as repercusións que terá dito traslado, xa que éste non vai a afectar soamente ó persoal de dita empresa.

No servizo de atención ó cliente de Fenosa, que se leva prestando dende hai máis de 25 anos en Teleperformance Coruña, quedarán unhas 20 persoas (das 120 actuais) para levar so a atención en galego. O resto de chamadas serán atendidas dende Colombia. Esta decisión empresarial, fai que un 80% do traballo actual de dito servizo se perda na nosa cidade.

Este cambio no servizo, tamén repercutirá ó consumidor final, xa que Fenosa carece de oficinas de atención presencial e, non están tendo en conta as características xeográficas e de poboación da nosa terra.