Non ao ERTE en Abai

O persoal da empresa Abai Business Solutions, S.A.U. saiu ás rúas do Barrio de Matrogrande para mostrar o seu rexeitamento o ERTE notificado pola empresa. Segundo a empresa, o Erte afectaría a 341 traballadoras e traballadores en todo o Estado, 70 no centro da Coruña.

Abai é unha empresa de telemarketing que ofrece servizo a grandes compañías como Movistar, Taxdown, Inditex ou administracións públicas como foi o caso da Xunta de Galicia que lle adxudico un contrato millonario polo servizo de rastrexo do Covid-19.

Este ERTE supón un paso máis na estratexia que ten en marcha a dirección que consiste en precarizar aínda máis as condiciones laborais e arrebatar os dereitos adquiridos.

O Comité de empresa do centro da Coruña oponse frontalmente a este ERTE co que se pretende mandar ao desemprego durante 12 meses prorrogables ás persoas afectadas, o que conleva un grave prexuízo económico. Este Comité considera totalmente inxustificado o ERTE nunha empresa que presume publicamente de millonarios beneficios.

Os traballadores e traballadoras da empresa convocaron unha nova xornada de folga para o día 19, cunha concentración ás 20:00 no Obelisco.