Mobilizacións pola precarización do Handling nos aeroportos españois

Nestos últimos anos asistimos á precarización do mercado laboral dos nosos aeroportos debido a que AENA, empresa pública española da que dependen estos centros de traballo, realiza unha xestión dedicada a primar os términos económicos sobre os aspectos sociais das plantillas que desenrolan a súa actividade laboral, día a día, nos aeroportos. Ca única finalidade de priorizar os seus beneficios económicos. As consecuencias desta xestión é non cumplir os convenios colectivos e precarizar, aínda máis, a situación de todo o persoal afectado.

Por este motivo no día de onte tiveron lugar diversas concentracións nos diferentes aeroportos españois, para reclamar o mantemento de todos os postos de traballo, cumplindo os mecanismos de subrogación establecidos no convenio sectorial, incluíndo os postos de traballo de caracter temporal. Asimismo, se esixe o cumplimento do V Convenio Colectivo do Sector do Handling, respectando os incrementos salariais dos próximos anos, as garantías salariais “adpersonam” do persoal subrogado, os niveis de progresión profesional e salarial e, por suposto cumplindo todo o ingluido no RD 32/2021 da nova Reforma Laboral.