Máis emprego e de mellor calidade grazas á reforma laboral

É necesario reducir a parcialidade involuntaria

Fecha: 06 Nov 2023

Imaxe dunha reunión ao redor dunha mesa, onde se están a analizar datos

Os datos de paro rexistrado e afiliación á Seguridade Social do mes de outubro, publicados polo Servizo Público de Emprego (SEPE), amosan unha evolución coherente coas tendencias habituais do mercado de traballo neste mes.

Nesta ocasión, hai 820 persoas máis desempregadas que no mes anterior, o que supón un total de 53.249 persoas para o paro rexistrado. Pola súa banda, a afiliación aumentou en 993 persoas ata alcanzar a cifra de 462.535 persoas afiliadas á Seguridade Social. Con respecto ao ano anterior, hai 3.856 persoas menos desempregadas e 9.018 rexistradas máis, o que reflicte que o mercado laboral segue forte e dinámico a pesar do adverso contexto económico e político no que opera. 

Continuar corrixindo carencias no mercado laboral

UGT Coruña e Cee considera que, aínda que é certo que a xeración de emprego de calidade avanza a bo ritmo, non hai que esquecer que aínda hai unha parte da poboación activa que segue mantendo contratos inestables, contrato temporal a tempo parcial, o máis vinculado á precariedade laboral, realidade que hai que poñer nun primeiro plano no contexto xeral de boa evolución das cifras de emprego.

Pois ben, como amosou a última EPA, o noso mercado laboral aínda padece un notable nivel de subempleo (persoas que traballan menos horas das que queren) e unha elevada porcentaxe de pobreza laboral. A parcialidade involuntaria no noso país ascende ao 47,9%, o que supón que case a metade dos traballadores a tempo parcial só o son porque non atopan emprego a tempo completo. Esta é unha das causas fundamentais que provoca que o 11,6% da poboación activa estea en situación de pobreza laboral. Unha situación inaceptable para unha das principais economías de Europa que ten como obxectivo tamén liderar unha futura transición cara a un modelo de desenvolvemento socialmente máis xusto.

Por iso, UGT esixe ao próximo Goberno que siga avanzando na protección dos dereitos das persoas traballadoras, analizando os puntos débiles da actual norma laboral e corrixindo as súas posibles deficiencias, para que todas as persoas poidan acceder a un emprego digno que mellore a súa calidade de vida. Como prioridade, ademais, hai que abordar a necesaria redución de xornada, afondando nunha distribución máis equilibrada do tempo de traballo, que reduza o subempleo e mellore o benestar do conxunto das persoas traballadoras.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En outubro rexistráronse un total de 53.249 persoas en situación de desemprego, 820 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 3.856 persoas (- 6,8 %).

- Neste mes hai 320 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a setembro, e 500 homes máis. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.339 mulleres e o masculino en 1.517 homes. As mulleres representan o 58,87% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 2.317 en outubro, o que supón un aumento de 129 persoas máis desempregadas que en setembro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou un 3,2 % (72 mozos desempregados mais).

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados aumenta en outubro en 152 persoas; chegando a un total de 3.913 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento do 5,52 %, o que supón 216 persoas estranxeiras desempregadas máis.

- Respecto ao mes anterior, a información por sectores amosa un aumento de 820 persoas paradas. Se produce un aumento nos sectores: servizos de 695 persoas paradas, no agro de 33 persoas e no colectivo sen emprego anterior en 135 persoas; e no resto de sectores amosa un descenso de 24 persoas na industria e 19 persoas no sector da construción.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumentou en 993 persoas en outubro, ata alcanzar unha media de 462.535 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 27.773, dos cales 9.585 foron de carácter indefinido.

- O volume de contratos totais diminúe en termos anuais nun 9,80 %, os temporais fano nun 7,89 % e os indefinidos nun 13,21%. O peso das persoas traballadoras fixos de outubro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 34,51 %.