A loita contra a violencia machista é cousa de todas as persoas

Concentración na Sede de UGT Coruña

Un venres máis e con motivo da situación actual relativa á violencia machista, realizamos no día de hoxe unha concentración na porta da nosa Sede na Avda. Fernández Latorre como mostra do rexeitamento da UGT Coruña e Cee á violencia de xénero.


Segundo os datos facilitados pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, a día de hoxe son xa 49 as mulleres e 1 menor as asesinadas neste 2023 (1233 mulleres dende o 1 de xaneiro de 2003 e 49 menores dende o 1 de xaneiro de 2013). O número de mulleres asasinadas ata o mes de setembro é o mesmo número de mulleres asasinadas no ano 2021 e 2022, e aínda quedan 3 meses deste ano.


Segundo os datos facilitados polo Ministerio de Interior a data 31 de agosto de 2023, en España hai 81.308 casos de mulleres vítimas de violencia de xénero inscritos en VioGen (un 9,15 % máis que en agosto de 2022), das cales 21 vítimas se encontraban en un risco extremo (de peligro letal para a súa vida) e 1.035 en risco alto de volver a ser agredidas polo maltratador. Dos máis de 80.000 casos baixo vixilancia policial, na nosa provincia hai rexistrados 2.126, un deles en risco extremo e 28 en risco alto.


Estos datos reflexan unha das manifestacións máis brutais da violencia contra as mulleres. Pero non son as únicas, trata sexual, violencia vicaria, violencia física, violencia económica, violencia psicolóxica, acoso sexual, violencia institucional, violencia obstétrica, aborto, ... son outro tipos de violencia contra as mulleres.


Segundo o informe anual da Inspección de Traballo e Seguridade Social, no 2021 en España realizáronse 642 actuacións por acoso que derivaron en 37 actas de infracción. É imprescindible que todas as empresas establezcan medidas ou protocolos para actuar fronte ao acoso. Porque esta situación está excesivamente normalizada e invisibilizada.


Asi mesmo, o informe do Ministerio de Interior “Trata y explotación de seres humanos en España”, indica que no noso país, no ano 2022, identificáronse 120 mulleres e 4 nenas vítimas de trata sexual e, 400 mulleres e 10 nenas vítimas de explotación sexual. Datos que son solo unha pequena parte do que está a suceder neste país, da grave vulneración de dereitos humanos para as vítimas e o gran negocio que supón a explotación sexual para os que se lucran de ela.


Con dito acto queremos insistir na nosa reclamación de máis recursos para poñer fin á violencia contra as mulleres, co fin de previr e dar unha atención integral ás vítimas e, é imprecindible que se poñan en marcha políticas activas e eficaces que permitan previr e combater calqueira forma de violencia contra as mulleres, incluído o acoso dixital. Así como mellorar os dereitos laborais para as víctimas de violencia de xénero
 

Se estás a sufrir violencia machista é importante que sepas que non estás soa.

Non o dubides, pide axuda e contacta con servizo 016 (non deixa rastro na factura do teléfono) / WhatsApp 600 000 016  , se estás en risco inminente chama a 112 Emergencias, 091 Policía Nacional ou 062 Guardia Civil. Se o desexas podes descargar a app ALERTCOPS.