O emprego segue a medrar, pero agora é o momento de distribuír mellor o tempo, a riqueza e o traballo.
Non podemos perder de vista o elevado desemprego estrutural
Fecha: 12 Mai 2025

Os datos publicados polo Ministerios de Traballo e Seguridade Social confirman unha realidade innegable: o emprego segue crecendo, e faino con cada vez maior calidade. Abril volveu ser un mes positivo, impulsado pola Semana Santa, pero tamén pola solidez dunha reforma laboral que segue a demostrar a súa eficacia estrutural.
Na provincia da Coruña o incremento mensual da afiliación é de 3.788 persoas, co que o total de persoas ocupadas afiliadas á Seguridade Social ascende a 475.851. Se o comparamos con abril de 2024, hai 10.107 persoas afiliadas máis, un 2,17%, polo que o ritmo de creación de emprego mantense relativamente estable.
O paro rexistrado reduciuse en 1.671 persoas con respecto ao mes anterior, ata alcanzar un total de 45.387. Ademais, respecto ao mesmo mes do ano anterior, o paro reduciuse en 4.742 persoas.
En canto á contratación, neste mes asináronse un total de 22.224 contratos, un 8,64% menos que en abril de 2024. Deles, 7.953 son fixos, o que implica que o 35,78% dos contratos son fixos, mentres que antes da reforma este valor roldaba o 12,17% dos contratos.
Non obstante, a pesar destas cifras alentadoras, non podemos perder de vista o elevado desemprego estrutural. Para lograr a súa redución, é fundamental acometer unha reforma profunda das políticas activas de emprego, con máis recursos económicos e humanos, e con servizos públicos de emprego capaces de ofrecer orientación personalizada, formación de vangarda e intermediación eficaz.
Do mesmo xeito, é urxente protexer os contratos laborais reformando o custo do despedimento ilegal ou improcedente para que sexa xusto e verdadeiramente disuasorio e, reducir a semana laboral máxima legal a 37,5 horas para 2025. Esta medida xerará máis empregos, mellorará a produtividade e reforzará a cohesión social.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En abril rexistráronse un total de 45.387 persoas en situación de desemprego, 1.671 persoas menos que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 4.742 persoas (-9,46%).
- Neste mes hai 846 homes e 825 mulleres menos rexistradas como paradas con respecto a marzo. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.3612 mulleres e o masculino en 2.130 homes. As mulleres representan o 58,63% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.805 en abril, o que supón unha diminución de 203 persoas menores de 25 anos desempregadas menos que en marzo. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 110 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas diminúe en abril en 301 persoas; chegando a un total de 3.950 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 36 persoas estranxeiras desempregadas máis.
- A información por sectores amosa unha diminución de 1.671 persoas paradas. Se produce unha diminución en todos os sectores; sendo o reparto de 103 persoas na industria, 31 persoas no agro, 1.170 persoas no sector servizos, 101 no sector da construción e 266 persoas no colectivo sen emprego anterior.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 3.788 persoas en abril, ata alcanzar unha media de 475.851 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 22.224, dos cales 7.953 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de abril sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 35,78%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un descenso de 89 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.880 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 174 persoas (-8,47%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: Camariñas (28 persoas) e Cee (24 persoas). Pola contra, o paro aumenta nos Concellos de Vimianzo (2 persoas) e Dumbría (1 persoa).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un descenso de 786 persoas (son 22.897 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 2.373 persoas (-9,39%). Os Concellos no que o descenso de paro é mais acusado son: A Coruña (368 persoas), Oleiros (61 persoas) e Sada (61 persoas). Sen embargo, nos Concellos de Miño e Cerceda rexistrouse un aumento de 6 e 4 persoas respectivamente.
- Neste mes de abril, o paro nas persoas menores de 25 anos diminúe en 9 persoas nos Concellos da UGT Cee e 78 persoas nos Concellos da UGT A Coruña.