Non se pode invisibilizar a violencia machista

22 mulleres perderon a vida nas mans das súas parella ou exparellas

Un venres máis e con motivo da situación actual relativa á violencia machista, realizamos no día de hoxe unha concentración na porta da nosa Sede na Avda. Fernández Latorre como mostra do rechazo da UGT á violencia de xénero.

Segundo os datos facilitados pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, a día de hoxe son xa 22 as mulleres e 1 menor as asesinadas neste 2023 ( 1206 mulleres dende o 1 de xaneiro de 2003 e 49 menores dende o 1 de xaneiro de 2013).

Con dito acto queremos insistir na nosa reclamación de máis recursos para poñer fin á violencia contra as mulleres, co fin de previr e dar unha atención integral ás vítimas e,  é imprecindible que se poñan en marcha políticas activas e eficaces que permitan previr e combater calqueira forma de violencia contra as mulleres, incluído o acoso dixital. Así como mellorar os dereitos laborais para as víctimas de violencia de xénero.

Se estás a sufrir violencia machista é importante que sepas que non estás soa.

Non o dubides, pide axuda e contacta con servizo 016 (non deixa rastro na factura do teléfono) / WhatsApp 600 000 016  , se estás en risco inminente chama a 112 Emergencias, 091 Policía Nacional ou 062 Guardia Civil. Se o desexas podes descargar a app ALERTCOPS.