Máis de 20 persoas morren na Coruña en accidentes de traballo en 2022

Así cúmprense as peores previsións. UGT, que xa advertiu diso, pide solucións inmediatas para frear unha lacra que debe ser abordada con decisión


Os datos provisionais publicados onte polo Ministerio de Traballo en accidentes de traballo durante o pasado ano 2022 sitúan en 22 o número de persoas falecidas na provincia da Coruña. Esta cifra diminúe con relación os anos 2021 e 2019, 2 menos que en 2021, e 3 menos que en 2019 (ano anterior á pandemia). Son datos provisionais que seguramente aumentarán cando coñezamos os datos definitivos. Segundo estes datos, rexistráronse na provincia 12.609 accidentes laborais con baixa.

En España os datos provisionais  sitúan en 826 o número de traballadores falecidos. Esta cifra supera con creces á de anos anteriores, 121 máis que en 2021, e 105 máis que en 2019 (ano anterior á pandemia). Segundo estes datos, rexistráronse 631.724 accidentes laborais con baixa, mentres que se rexistraron 564.701 sen baixa.

O sindicato denuncia que se manteñen os incumprimentos en materia preventiva por parte das empresas e non se atopa solución. Proba diso é que as causas dos accidentes laborais mortais non cambian co paso do tempo, senón que son vellos coñecidos, como infartos e ictus. (285 persoas traballadoras morreron por infartos e ictus durante a xornada laboral, o 29% en comparación con 2021).

Dende UGT, ínstase ás diferentes administracións, así como ás empresas, a que tomen solucións drásticas neste asunto, que dean á saúde e á seguridade a importancia que merece. Cómpre lembrar que cada día morren 2 traballadores, o que sen dúbida podería evitarse se as empresas cumprisen rigorosamente a normativa de prevención de riscos laborais. Ademais, ínstase a sinatura da nova Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo, así como dotala de recursos económicos suficientes para acabar coa lacra da sinistralidade.

O Goberno debe actuar e poñer fin a este regueiro incesante de mortes de traballadores, para o que a UGT propón abrir unha mesa de diálogo social sobre a sinistralidade laboral, que sirva, entre outras cousas, para articular un Plan de Choque contra a sinistralidade laboral de xeito inmediato, na que non poden faltar actuacións para mellorar a xestión preventiva dos riscos psicosociais de orixe laboral. A importancia da saúde mental das persoas traballadoras debe situarse no centro do debate. Ademais, o sindicato reclama a creación dunha figura a nivel estatal, similar á delegada territorial de prevención, que asesore en materia de seguridade e saúde laboral en pemes e micropemes onde non existe representación da xente traballadora.

Finalmente, UGT insiste en dotar á Inspección de Traballo de maiores medios, tanto humanos como materiais, para vixiar e controlar o cumprimento da normativa en materia de prevención de riscos laborais.

Datos de interese:

- Na nosa provincia segundo o avance publicado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, produxéronse 12.609 accidentes laborais con baixa, dos cales 11.368 foron durante a xornada laboral e 1.076 no desprazamento.

- Dos 11.533 accidentes laborais que tiveron lugar durante a xornada laboral: 11.368 foron leves, 146 graves y 19 mortais.

- Dos 1.076 accidentes laborais en itínere: 1.055 foron leves, 18 graves e 3 mortais.

- Se comparamos os datos co mesmo período do ano anterior, no 2022 houbo 184 accidentes laboráis con baixa menos que no 2021.

- No 2022, no territorio nacional rexistráronse 1.196.425 accidentes laborais, dos cales 826 foron mortais.