Manifestación "Conter os prezos, protexer o emprego"

Fecha: 24 Mar 2022

Imaxe cabeza da manifestación
Manifestación con saída dende a Praza de Pontevedra ó 23/03/22

No día de onte saímos as rúas para demandar ó Goberno de España e á UE que actúen para conter a escalada disparatada dos prezos, protexer o emprego e frear o deterioro das nosas condicións de vida.

Onte realizáronse varias manifestacións e concentracións nas principais cidades españolas, para esixir ó Goberno de España e á UE a aprobación de medidas para conter a escalada disparatada dos prezos, protexer o emprego e frear o deterioro das nosas condicións de vida. Tres demandas que se inclúen no manifiesto suscrito por UGT, CCOO, CEAV, FACUA, UATE y UPTA (organizaciones convocantes destas movilizacións) .

A solución non é baixar os impostos, porque eso repercute en máis desigualdade. É preciso cambiar o sistema de fixación do prezo da electricidade; poñer fin ós beneficios extraordinarios e abusivos das empresas eléctricas e de hidrocarburos e aprobar medidas contra a especulación dos prezos dos produtos básicos.

O conxunto da sociedade está sufrindo esta situación, pero é a poboación máis vulnerable, a que non chega a fin de mes ou o fai con dificultades, os que a padecen de forma máis cruel. A desigualdade e a pobreza eran problemas urxentes antes de que se iniciara esta escalada dos prezos. Nesta situación, estes problemas, que teñen rostro, que teñen nomes e apelidos, deben abordarse de xeito inaprazable.

As organizacións sociais que subscribimos este manifesto esiximos ás autoridades públicas que:

  • Cambien o irracional sistema marxinal de fixación do prezo da electricidade, controlando alzas desmesuradas, e topen o prezo máximo do MWh na poxa, porque non pode ser que os prezos do gas marquen o prezo da electricidade que se xera a través doutras tecnoloxías máis baratas.
  • Poñan fin ós beneficios extraordinarios e abusivos das empresas eléctricas e de hidrocarburos que venden produtos a prezos de futuras materias almacenadas e aproban medidas contra a especulación dos prezos dos produtos básicos, porque mentres a gran maioría sufrimos esta situación non pode ser que haxa quen saca tallada da desgraza.
  • Aceleren os investimentos para reducir a dependencia enerxética externa e fomenten o uso do transporte público , porque necesitamos gañar autonomía estratéxica no ámbito enerxético.
  • Protexan á cidadanía e ás familias, a solidariedade é a base do modelo social europeo, que debemos coidar e estender.
  • Apoien ós sectores produtivos que máis enerxía consumen, porque debemos protexer a nosa industria, a nosa agricultura e gandería, a nosa pesca, o papel que xoga o transporte á hora de vertebrar a cadea de valor da actividade económica, e os empregos que xeran, que demostraron ser, entre outros, uns sectores absolutamente estratéxicos para o noso futuro.
  • Activen o mecanismo RED para evitar despedimentos porque é necesario protexer o emprego, así como chegado o caso mecanismos similares para os autónomos e autónomas.
  • Controlen os prezos dos alugueiros evitando que se revaloricen co IPC, porque ter unha vivenda na que poder vivir é unha necesidade, non un luxo.

► Manifesto Conter os prezos, protexer o emprego