Bloqueo na negociación do Convenio Colectivo do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Coruña

Convocada manifestación o 10 de novembro

Fecha: 06 Nov 2025

Imaxe durante a rolda de prensa. Na imaxe están presentes os representantes das tres centrais sindicais: UGT, CIG e CCOO.

No día de onte tuvo lugar a rolda de prensa para informar da situación de bloqueo na negociación do Convenio Colectivo do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Coruña.

Na última reunión da mesa negociadora celebrada a pasada semana, a patronal informou de que a súa única pretensión é tratar unha subida mínima do incremento salarial, totalmente desproporcionada á realidade social das persoas traballadoras, que ven incrementados os custos da vida diaria, e que actualmente se rexen por un convenio obsoleto moi afastado da realidade actual. O resto do convenio pretenden non tocalo.

Cabe destacar que o anterior convenio colectivo de transporte de viaxeiros em autobús por estrada da Coruña, finalizou o 31 de decembro de 2020.

As negociacións deste convenio, retomáronse cunha toma de contacto en 2022 e outra en 2023 sen intencionalidade por parte da patronal de chegar a ningún tipo de acordo. En 2025 volveuse a retomar a negociación tras moita insistencia por parte da representación das persoas traballadoras do séctor. A pesar da insistencia indicando unicamente mantivéronse 3 reunións nas que non houbo un avance mínimo.

As tres centrais sindicais, UGT, CIG e CCOO consideran que a negociación ten que ir encamiñada á mellora salarial, regular a xornada laboral e en canto aos dereitos sociais, deberían de abordarse medidas que os melloren. 

Debido a situación actual, queda convocada manifestación para o vindeiro 10 de novembro ás 11:00 con saída dende a Estación de Autobuses da Coruña.