Homenaxe a Ana Romero de UGT-SP Ensino

Fecha: 11 Nov 2022

Imaxe grupal con Ana Romero

No día de onte, os mestres, mestras, profesoras e profesores de UGT – SP Ensino, rendiron unha merecidísima homenaxe a Ana Romero co gallo do seu nomeamento como ACADÉMICA, na Real Academia Galega da Lingua. O resto da familia ugetista, acompañou ao acto, xunto con persoeiros relevantes da universidade, do mundo académico e da clase sindical.


Ana Romero, recibía deste xeito o agarimo, e a admiración dos seus compañeiros e compañeiras de profesión e sindicato pola súa traxectoria na defensa do ensino público e do idioma propio, que vese reflectida con esta homenaxe por partida doble, tanto pola Real Academia da Lingua, como pola UGT.


A sala quedouse pequena para recoller ese afecto, que marca e amosa o camino a seguir en UGT – SP Ensino para a loita e defensa dos dereitos do persoal do ensino, a promoción e respecto da nosa lingua e unha defensa sin condicións dos investimentos no ensino público galego como semente dunha formacion de calidade do noso país.