Hai que loitar contra as violencias machistas de todas as formas posibles

UGT elaborou o informe “A violencia machista ten moitos nomes. Só hai que saber identificalos”, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


En España son xa 1.171 as mulleres que foron asasinadas por violencia de xénero a mans das súas parellas ou exparellas dende que se empezaron a contabilizar no ano 2003. Este ano, dende o 1 de xaneiro ata o 10 de novembro, xa foron asasinadas 37 mulleres por violencia de xénero. Ademáis, dende 2013 (primeiro ano do que se dispón desta información) ata o 2022 o número de orfos e orfas, menores de 18 anos, a causa dos asasinatos machistas é de 357. 

España primeiro país da UE en contabilizar outros feminicidios 

España converteuse no primeiro país de Europa en poñer en marcha este sistema de contabilización. Así, entre o primeiro trimestre e segundo trimestre de 2022 producíronse 19 asasinatos por outras violencias machistas non perpetradas pola parella ou exparella. O 58% foron feminicidios familiares (asasinados no entorno familiar), feminicidios sexuais o 10%, e feminicidios sociais o 32%. Tamén hai feminicidios vicarios, que é o asasinato dunha muller e/ou dos fillos/as menores de idade por un home, como instrumento para causar perxuicio ou dano a outra muller.

Non obstante, os asasinatos e mortes de mulleres son a punta do iceberg das violencias contra as mulleres. Pero existen diversas formas de violencia como a trata de mulleres e nenas con fines de explotación sexual, a mutilación xenital femenina, os matrimonios forzosos, etc.

Tipos de violencias

Algunhas delas son a violencia física (o 21,5% das mulleres sufriron este tipo de violencia ó lango da vida), a violencia sexual (o 99,6% das mulleres que sufriron este tipo de violencia, a sufriron por parte dun agresor home).Tamén está a violencia psicolóxica (que a sufriron un 24,2% de mulleres, un porcentaxe que aumenta dende 2015 cando se situaba no 22,8%); a violencia económica (o 12% de mulleres de 16 anos ou máis que teñen ou tiveron parella).

Ademáis, o 40,4% das mulleres de 16 anos ou máis residentes en España sufriron acoso sexual o longo da súa vida e, dese porcentaxe, o 75% afirma que foi máis dunha vez.
Os datos, ademáis, revelan que as mulleres con peores condicións laborais son as máis expostas a sufrir acoso sexual e acoso por razón de sexo, especialmente por aspectos como as diferencias de salario, así como que a súa opinión non sexa tida en conta, e poa indefinición de funcións a realizar.

UGT comprometida contra as violencias machistas

Por todo elo, o sindicato demanda legislar con perspectiva de xénero, e sensibilizar o conxunto da población contra as violencias machistas. Ratifica o seu compromiso por seguir avanzando contra todo tipo de violencias machistas a través da acción sindical (impulsando, no marco da negociación colectiva, Protocolos contra o acoso sexual e o acoso por razón de xénero no traballo, así como Plans de Igualdade nas empresas para eliminar as discriminaciones e desigualdades das mulleres);  a través da formación e a sensibilización contra as discriminaciones e a desigualdad de xénero;  e a través da súa participación institucional. 

► Manifesto conxunto 25N 

►  Informe “A violencia machista ten moitos nomes. Só hai que saber identificalos”