Grave conflito laboral na empresa Jardincelas

Fecha: 29 Xan 2024

Persoal concentrado na ponte da ría do Burgo

Os traballadores e traballadoras de limpeza viaria e limpeza de edificios e locais da empresa JARDINCELAS SL, que están a prestar os seus servizos para os Concellos de Cambre e Culleredo, levan máis de seis meses cobrando a súa nómina con moito retraso. Por exemplo, o persoal de limpeza viaria cobrou o salario de novembro o 27 de decembro. A día de hoxe, a plantilla de limpeza viaria continúa sen cobrar o salario de decembro e a extra de decembro e, a plantilla de edificios e locais tampoco cobrou o soldo de decembro.

Esta situación é insostible.

Por eso, no día de hoxe percorreron ás rúas de Cambre e Culleredo para reclamar que Jardincelas cumpla os Convenios Colectivos e pague antes do 4 e 5 de cada mes.

Nota de prensa completa.