A folga de Perfumerías Arenal pecha as súas tendas no Black Friday

Fecha: 24 Nov 2023

Imaxe da concentración diante da tenda de Arenal de Catro Camiños

No día de hoxe, coincidindo co Black Friday, o persoal de Arenal Perfumerías concentrouse diante de tres das súas tendas na cidade da Coruña. O apoio das persoas traballadoras foi moi elevado, pechando a maioría das súas tendas.

Os traballadores e traballadoras están cansas da negativa da empresa ante as peticións dunha subida salarial. Queren que o seu salario se equipare aos salarios do Convenio de Comercio Vario da provincia da Coruña; a diferencia e de 2.800 no caso das auxiliares e ata os 4.300 nos postos de dependenta.

Á precariedade salarial, súmase a excesiva carga de traballo que ten que realizar o persoal, polo que solicitan un reforzo de persoal.