A estabilidade, camiño de ser a norma no mercado laboral

Os datos de paro do mes de agosto na provincia da Coruña, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE), amosan un incremento de 282 persoas desempregadas con respecto ao mes anterior. Pola súa banda, a afiliación rexistrou un descenso de 366 persoas, tendencia habitual nos meses de agosto xa que coincide co período estival e co peche de moitas empresas por vacacións. En termos estatais, os datos de paro do mes de agosto amosan un incremento de 24.826 persoas desempregadas con respecto ao mes anterior. Pola súa banda, a afiliación rexistrou un descenso de 185.385 persoas.

En conxunto, o paro rexistrado situouse en 51.527 persoas, 5.042 menos que no mesmo mes do ano anterior. En canto á afiliación, o número total de afiliados este mes alcanza os 464.033, 10.257 máis que o mesmo mes do ano pasado.

A estabilidade laboral comeza a ser a norma no mercado laboral. A pesar diso, UGT Coruña e Cee lamenta que, debido principalmente ao difícil contexto económico, estas mellores condicións laborais non se traduciron nunha maior calidade de vida para o conxunto da clase traballadora, xa que aínda son milleiros as persoas que sofren os estragos da precariedade e da pobreza laboral: a última EPA sinalaba que o 11,6% das persoas ocupadas en España están en risco de pobreza, sendo a súa principal causa a alta parcialidade, especialmente a de carácter involuntario. 

Esta situación é moi preocupante, xa que se materializa en persoas traballadoras que non poden satisfacer as súas necesidades vitais máis básicas. A crise inflacionista segue presente en produtos tan básicos como os alimentos, e o prezo dos alugueres está a xerar unha auténtica emerxencia habitacional nas grandes cidades e zonas turísticas, onde é imposible alugar vivendas a prezos accesibles. É imprescindible incrementar os salarios de acordo coas subas pactadas no V Convenio para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC).

Datos principais na Provincia da Coruña

- En agosto rexistráronse un total de 51.527 persoas en situación de desemprego, 282 persoas máis que o mes pasado. En termos anuais, o paro baixou en 5.042 persoas (- 8,91%).

- Neste mes hai 228 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xullo, e 54 homes máis. En termos anuais, o paro feminino baixou en 2.892 mulleres e o masculino en 2.150 homes. As mulleres representan o 59,56% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregados ascendeu a 1.950 en agosto, o que supón un aumento de 86 persoas máis desempregadas que en xullo. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos descendeu un 8,4 % (164 mozos desempregados menos).

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de parados rexistrados aumenta en agosto en 36 persoas; chegando a un total de 3.525 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento do 1,8%, o que supón 66 persoas estranxeiras desempregadas máis.

- Respecto ao mes anterior, a información por sectores amosa un aumento de 282 persoas paradas. No sector servizos se produce un aumento de 371 persoas paradas, e no resto de sectores amosa un descenso de 44 persoas na industria, 23 persoas no sector da construción, no agro 2 persoas e no colectivo sen emprego anterior en 20 persoas.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminuíu en 366 persoas en agosto, ata alcanzar unha media de 464.033 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 27.358, dos cales 6.685 foron de carácter indefinido. 

- O volume de contratos totais diminúe en termos anuais nun 8,15%, os temporais fano nun 1,28 % e os indefinidos nun 24,40%. O peso das persoas traballadoras fixos de agosto sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 24,44%.