É imprescindible resolver os graves desafíos estruturais do mercado laboral

Os datos confirman que a reforma laboral e a suba salarial mellora o rendemento do mercado laboral

Fecha: 02 Out 2025

Persoa traballando diante dun ordenador portátil

Setembro é un mes fortemente determinado pola estacionalidade, coa volta á actividade de moitas empresas que pechan en vacacións e o fin da tempada alta de verán, polo que o número de persoas rexistradas como paradas nos servizos públicos de emprego adoita aumentar. Na Provincia da Coruña, os datos de emprego publicados hoxe, amosan un aumento de 1.254 persoas en situación de desemprego e unha diminución de 2.606 persoas afiliadas a Seguridade Social. 

En canto á contratación, na Provincia da Coruña, rexistráronse un total de 31.707 contratos, dos cales 10.074 son indefinidos, o que representa o 31,8% da contratación. Antes da aprobación da reforma laboral, a porcentaxe de contratación indefinida era do 10,7%, isto demostra como a nova normativa laboral segue a ser plenamente eficaz para abordar un dos principais problemas endémicos do noso mercado laboral.

A pesar dos avances, persisten graves desafíos estruturais, polo que é preciso:

• Políticas públicas activas de emprego máis eficaces, centradas na empregabilidade e na reinserción das persoas desempregadas de longa duración.

• Reforzar a protección do contrato de traballo, adecuando a lexislación española aos compromisos internacionais derivados da Carta Social Europea, que obrigan a garantir a estabilidade no emprego.

• Continuar coa senda de mellora salarial e redución da xornada laboral, como elementos indispensables para avanzar cara a un mercado laboral xusto, inclusivo e sostible.

Datos principais na Provincia da Coruña

- En setembro rexistráronse un total de 44.849 persoas en situación de desemprego, 1.254 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 2963 persoas (-6,20%).

- Neste mes hai 616 homes e 638 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a agosto. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.619 mulleres e o masculino en 1.344 homes. As mulleres representan o 59,6% das persoas desempregadas.

- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 1.893 en setembro, o que supón un aumento de 315 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en agosto. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos diminuiu en 52 persoas.

- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumenta en setembro en 396 persoas; chegando a un total de 3.824 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 48 persoas estranxeiras desempregadas.

- A información por sectores amosa un aumento de 1.254 persoas paradas. Se produce un aumento en todos os sectores; no sector do agro de 7 persoas, no sector da industria en 103 persoas, construción en 6 persoas, servizos 833 persoas e no colectivo sen emprego anterior 305 persoas.

- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 2.606 persoas en setembro, ata alcanzar unha media de 479.613 persoas afiliadas.

- O número de contratos totais foi de 31.707 dos cales 10.074 foron de carácter indefinido.

- O peso das persoas traballadoras fixas de setembro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 31,8%.

Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee

- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 134 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.770 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 112 persoas (-5,95%). Tan so no Concello de Corcubión rexistrouse unha diminución no número de persoas paradas (1), no resto dos concellos rexistrouse un aumento, sendo este máis acusado nos Concellos de Dumbría (27 persoas) e Muros (26 persoa).

- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 363 persoas (son 22.925 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1.385 persoas (-5,70 %). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Oleiros (5 persoas) e Miño (4 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Coruña (59 persoas) e Arteixo (41 persoas).