É fundamental seguir reforzando as políticas activas de emprego, subir os salarios e, finalmente, aplicar a redución da xornada laboral.
Os resultados económicos positivos e os beneficios empresariais tamén deben traducirse en melloras para a poboación activa.
Fecha: 10 Mar 2026
As cifras de desemprego e afiliación á Seguridade Social de febreiro, da provincia da Coruña, mostran un aumento da ocupación e un lixeiro repunte do desemprego.
A afiliación á Seguridade Social creceu este mes en 2.727 persoas en comparación con xaneiro, un aumento do 0,58%, alcanzando un total de 476.902 persoas afiliadas. En comparación cun ano atrás, hai 8.497 persoas máis ocupadas, o que eleva a taxa de creación de emprego ao 1,81%. Mantén un ritmo robusto, o que demostra a fortaleza da demanda laboral e a capacidade da nosa economía para xerar emprego.
En canto ao desemprego, na provincia da Coruña, as cifras do desemprego rexistrado mostran un aumento de 142 persoas, un 0,31% máis que o mes anterior. En total, hai 45.703 persoas desempregadas.
En consecuencia, o mercado laboral continúa a mostrar fortaleza. Non obstante, esta tendencia positiva coexiste con debilidades estruturais persistentes, é imprescindible reducir o desemprego de longa duración (reforzando as políticas activas de emprego), conseguir a redución da xornada laboral sen perda salarial (aumentará a produtividade e a calidade de vida das persoas traballadoras), melloras salariais (os resultados económicos positivos e os beneficios empresariais tamén deben traducirse en melloras para a poboación activa). Ademais, é fundamental que se aprobe canto antes o Real Decreto de transposición da Directiva (UE) 2022/2041 sobre salarios mínimos axeitados na Unión Europea, co fin de establecer de forma clara e definitiva as normas sobre compensación e absorción.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En febreiro rexistráronse un total de 45.703 persoas en situación de desemprego, 142 persoas mais que o mes anterior. En termos anuais, o paro baixou en 2.199 persoas (-4,59%).
- Neste mes hai 28 homes e 114 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xaneiro. En termos anuais, o paro feminino baixou en 1.310 mulleres e o masculino en 889 homes. As mulleres representan o 58,07% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas ascendeu a 2.093 en febreiro, o que supón un aumento de 106 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en xaneiro. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 72 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumentou en febreiro en 160 persoas; chegando a un total de 4.150 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase unha diminución de 162 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa unha aumento de 142 persoas paradas. Se produce un aumento no sector de servizos de 94 persoas e 121 persoas no colectivo sen emprego anterior, e unha diminución no sector da construción en 34 persoas, no agro de 1 persoa, e 38 persoas na industria.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social aumenta en 2.727 persoas en febreiro, ata alcanzar unha media de 476.902 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 22.483 dos cales 7.331 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de xaneiro sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 32,6%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, unha diminución de 1 persoa nos Concellos da UGT Cee (son 1.921 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 118 persoas (-5,79%). Nos Concellos nos que se rexistran un maior descenso de paro son Corcubión (7 persoas) e Muros (6 persoas). Así mesmo o paro é más acusado nos Concellos de Cee (16 persoas), e Mazaricos (4 persoas).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 18 persoas (son 23.005 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 1.118 persoas (-4,63%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Oleiros (25 persoas) e Ponteceso (16 persoas). Sen embargo, o paro aumenta de xeito más acusado nos Concellos da Coruña (43 persoas) e Arteixo (16 persoas).