Día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo

Fecha: 11 Abr 2025

No centro da imaxe hai un corazón en cor vermello, enriba del está dibuxado un son dun latido xunto cun estetoscopio. A ambos lados da imaxe hay personal médico, o da esquerda leva na man un botiquín, e o da dereita unha lupa.

Con motivo do día 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo, a Secretaría de Formación e a Secretaría de Saúde Laboral e Medioambiente organizaron unha formación que se levará a cabo o luns 28 de abril, en horario de 9:30 a 12:00, no salón de actos da planta baixa do edificio de UGT na Coruña situado na Avda. Fernández Latorre, 27.

O tema é "Xornada sobre a incapacidade laboral no sistema español de seguridade social" e será impartida por Manuel Ángel Rey Dopico.

Manuel Ángel é Funcionario do Corpo de Xestión da Seguridade Social dende outubro de 1989, actualmente xubilado dende agosto do 2024. A partires do 1990 ata a xubilación estuvo destinado na Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social -INSS- da Coruña. Entre outras funcións, desempeñou o cargo de Secretario da Unidade de Evaluación de Incapacidades. Así mesmo, durante 20 anos ocupou o posto de Director de Programas Especiais, onde as súas tarefas eran supervisar a actividade xestora, controlar o cumplimento de obxectivos do organismo e mellorar, desenrolar e poñer en marcha novos procesos, cun enfoque integral da organización. Ao mesmo tempo, dende 2009, ocupou cargo de Secretario da Comisión Executiva Provincial do INSS, órgano de supervisión e control da actividade xestora dol INSS e da Tesorería Xeral da Seguridade Social a través das persoas representantes das organizaciones sindicais e empresariales máis representativas.

Durante a xornada se analizará:
- O concepto de incapacidade laboral.
- As continxencias.
- A incapacidade temporal.
- A incapacidade permanente.

A continuación ás 13:00 terá lugar a concentración e lectura do manifesto, acto conxunto con CCOO, diate da Confederación de Empresarios da Coruña, situada na Plaza Luis Seoane.

No cartel figura a mesma información que no corpo da publicación o fondo da imaxe o o mesmo co descrito na imaxe da noticia.