A corresponsabilidade é un dereito, exérceo

Fomentemos a conciliación e corresponsabilidade no ámbito laboral

A vicesecretaria xeral de UGT, Cristina Antoñanzas, participou no día de onte na xornada 'A corresponsabilidade é un dereito, exérceo', organizada por UGT Coruña e Cee, onde destacou a importancia de promover a corresponsabilidade para que os homes, dunha vez por todas, se impliquen no coidado e que cando falamos de permisos non teñan cara de muller.

Cristina Antoñanzas lembrou que os permisos para atender a menores ou maiores ou as excedencias, é dicir permisos non remunerados, seguen sendo solicitados maioritariamente por mulleres, tanto é así que os datos amosan porcentaxes do 80% das mulleres fronte ao 20% dos homes.  E cando se trata de permisos remunerados, como por exemplo no permiso por nacemento, a porcentaxe  chega a case ao 50-50%. Estos datos amosan a necesidade de que os permisos sexan remunerados para que a corresponsabilidade se equilibre, porque en moitas ocasións é a muller a que solicita estos permisos porque o seu salario e inferior debido a brecha salarial e ao final son elas as que interrumpen a súa carreira profesional.

Neste sentido, preocúpanos especialmente o permiso de 8 semanas ata que o neno ou nena cumpra os 8 anos, que en principio non son retribuídos, polo que seguirimos insistinto en que sexa retribuído.

Os permisos expostos durante a formación, transposición da directiva europea 2019/1158, entraron en vigor o pasado 1 de xullo. Pero a día de hoxe continúa pendente o desenrolo reglamentario dalgúns deles.

Proyecto Artemisa

O Proyecto Artemisa é un conxunto de medidas postas en marcha desde a Vicesecretaría Xeral da Unión General de Trabajadoras y Trabajadores de España que centra os seus esfuerzos no fomento da conciliación e a corresponsabilidade no ámbito laboral.

Durante a formación presentouse a nova páxina web xunto cos apartados de consultas do proxecto (tanto para persoas traballadoras como para empresas), a guía de consultas frecuentes, dípticos,...