As cifras de desemprego e afiliación do mes de agosto reflicten unha tendencia estacional para este período
A mellora da calidade do emprego reflectida nestas cifras de contratación debe complementarse coa finalización das reformas pendentes.
Fecha: 10 Set 2026
As cifras de desemprego e afiliación á Seguridade Social de agosto publicadas mostran, como é habitual neste mes, unha diminución no número de persoas afiliadas á Seguridade Social e un aumento no número de persoas desempregadas en comparación con xullo. Estes resultados reflicten unha tendencia estacional para este período, e débense ao peche de moitos negocios por vacacións ou á redución da actividade nalgúns sectores, como o da educación.
Como consecuencia do patrón estacional xa mencionado, o número de persoas rexistradas como desempregadas nos servizos públicos de emprego aumentou en 1.234 este mes, o que eleva o total a 43.914. Mentres tanto, en comparación cun ano atrás, o desemprego rexistrado aumentou un 0,73 %, o que representa 319 persoas máis.
En canto á afiliación á seguridade social, obsérvase o mesmo patrón estacional. O aumento mensual de 1.383 persoas explícase pola habitual redución da actividade durante agosto. En consecuencia, o número medio de persoas afiliadas para este mes sitúase en 493.829. En termos anuais, hai 11.610 persoas máis afiliadas á Seguridade Social, o que representa unha taxa de creación de emprego do 2,41%.
En canto á contratación, este mes rexistráronse un total de 26.666 contratos, dos cales 7.223 son indefinidos, o que representa o 27,08 % do total de contratos.
A mellora da calidade do emprego reflectida nestas cifras de contratación debe complementarse coa finalización das reformas pendentes para seguir avanzando cara a un mercado laboral máis xusto e con maior protección para as persoas traballadoras. Neste sentido, é fundamental avanzar cara a un modelo produtivo baseado no emprego de calidade, mellores salarios e maior produtividade. Polo tanto, é necesario reforzar as proteccións das persoas traballadoras, priorizando abordar a normativa sobre despedimentos dun xeito que garanta unha protección efectiva contra o despedimento improcedente, aliñando a lexislación española cos estándares da Carta Social Europea, que esixe unha reparación axeitada para as persoas afectadas.
Xunto co fortalecemento dos dereitos laborais, é prioritario un aumento salarial que permita recuperar o poder adquisitivo. A fortaleza que demostran o emprego e a actividade económica debe reflectirse claramente nas nóminas e, para iso, é urxente iniciar as negociacións do Sexto Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC), que debe garantir aumentos salariais que consoliden a recuperación do poder adquisitivo e reduzan as brechas salariais entre sectores.
Datos principais na Provincia da Coruña
- En xullo rexistráronse un total de 43.914 persoas en situación de desemprego, 1.234 persoas máis que o mes anterior. En termos anuais, o paro aumentou en 319 persoas (0,73%).
- Neste mes hai 368 homes e 866 mulleres máis rexistradas como paradas con respecto a xullo. En termos anuais, o paro aumentou en 17 mulleres e en 302 homes. As mulleres representan o 59,47% das persoas desempregadas.
- O número de mozos e mozas inscritos como desempregadas son 1.843 en agosto, o que supón un aumento de 157 persoas menores de 25 anos desempregadas máis que en xullo. En termos interanuais, o desemprego entre os menores de 25 anos aumentou en 265 persoas.
- Respecto das persoas traballadoras estranxeiras na Coruña, o número de paradas rexistradas aumentou en agosto en 224 persoas; chegando a un total de 4.583 persoas estranxeiras desempregadas. En termos anuais obsérvase un aumento de 1.155 persoas estranxeiras desempregadas.
- A información por sectores amosa un aumento de 1.234 persoas paradas. Se produce un aumento de 212 persoas no colectivo sen emprego anterior, 24 persoas no sector do agro, 7 persoas na industria, 921 persoas no sector de servizos e 70 no sector da construción.
- O número de persoas afiliadas á Seguridade Social diminúe en 1.383 persoas en xullo, ata alcanzar unha media de 493.829 persoas afiliadas.
- O número de contratos totais foi de 26.666, dos cales 7.223 foron de carácter indefinido.
- O peso das persoas traballadoras fixas de xullo sobre o total dos contratos sitúase neste mes no 27,09%.
Datos principais dos Concellos da UGT A Coruña e Cee
- Os datos da evolución do paro amosan, con respecto a o mes anterior, un aumento de 46 persoas nos Concellos da UGT Cee (son 1.597 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro baixou en 39 persoas (2,38%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro maior son Outes (5 persoas) e Camariñas (1 persoas). Rexistrándose un aumento de paro maior nos Concellos de Muros (13 persoas) e Cee (11 persoas).
- Nos Concellos da UGT A Coruña, os datos da evolución do paro amosan un aumento de 626 persoas (son 22.679 as persoas rexistradas como paradas). En termos anuais, o paro aumentou en 207 persoas (0,92%). Os Concellos nos que se rexistra un descenso de paro mais acusado son: Betanzos (4 persoas) e Coirós (4 persoas). Rexistrándose un aumento de paro maior nos Concellos de A Coruña (328 persoas) e Culleredo (59 persoas).